Durante este último mes fixemos unha actividade moi divertida en 3º de Primaria. Cada un de nós trouxo unha receita dun país diferente para ensinarlla aos demais… ¡e tamén a cociñamos para que toda a aula a poidese probar! 🍪🥗🍰
Pasámolo xenial descubrindo comidas de moitos lugares do mundo e probando novos sabores. Todos estabamos moi emocionados e con moitas ganas de compartir o que fixeramos coas nosas familias.
Agora queremos ir un pasiño máis alá: imos facer un programa de radio para gravar todas as receitas e contar as nosas experiencias. 🎤 Vai ser xenial escoitarnos falando de tantas comidas ricas!
Moitas grazas ás familias pola súa axuda e colaboración. Sen elas, esta viaxe polo mundo a través da cociña non tería sido posible! 🌍
Aquí tedes un pequeno vídeo con algunhas das fotos desta actividade tan saborosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario