O último día de cole estivo cheo de alegría, risas e moita diversión coa nosa esperada Festa da Auga. Pequenos e grandes compartiron unha xornada inesquecible na que non faltaron os xogos, as carreiras, os chapuzóns e, sobre todo, as ganas de pasalo ben.
Entre pistolas de auga, globos e moitas sorpresas, o patio encheuse de sorrisos e de momentos que quedarán gardados na memoria de todo o alumnado. Foi a mellor maneira de celebrar o esforzo realizado durante todo o curso e de despedirnos antes das vacacións de verán.
Queremos agradecer ás familias, ao profesorado e a toda a comunidade educativa a súa colaboración e implicación ao longo deste ano, facendo posible que cada día no cole sexa unha nova aventura.
Agora toca descansar, gozar do verán, recargar enerxías e vivir novas experiencias.

Ningún comentario:
Publicar un comentario