Hoxe celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares dunha maneira moi especial e divertida. 💚
Pistacho, a nosa mascota da biblioteca, é un loro moi simpático, pero hoxe tiña un problema… perdera todas as súas plumas pola biblioteca! 😱 Así que todo o alumnado do cole puxémonos mans á obra para axudarlle a atopalas e conseguir que Pistacho volvese lucir tan fermoso coma sempre. 🪶🔎
Pero a aventura non rematou aí! Despois, cada neno e nena compartiu no noso mural o título do seu conto favorito, enchendo a biblioteca de historias, maxia e recomendacións lectoras. 📖✨
E, como agradecemento pola nosa axuda e participación, Pistacho tiña preparada unha pequena sorpresa para todos: regalounos unha goma de borrar! 🎁
Foi unha xornada chea de ilusión, traballo en equipo e amor polos libros, na que participou todo o cole. Porque na nosa biblioteca hai moito máis ca libros: hai aventuras por descubrir, historias que compartir e momentos que quedan na memoria.
Grazas, Pistacho, por lembrarnos que ler é unha aventura marabillosa! 💚📚🦜
Ningún comentario:
Publicar un comentario