bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
martes, 4 de outubro de 2016
Connosco Xandobela!!
Esta semana o alumnado de 4 e 5 anos de infantil tiveron a sorte de volver a ver a Xandobela!! Contáronnos varios contos para tratar as emocións!! Gustáronnos moito! E para rematar a sesión fixemos un dragón para que nos axude a pasar eses enfados que a veces nos veñen pola barriguiña!!
martes, 20 de setembro de 2016
100 anos do nacemento de ROALD DAHL
Fai 100 anos do nacemento de Roald Dahl, o
autor de libros para mozos que cautivan a diversas xeracións.
Gran parte da vida de Roald Dahl podémola
entresacar dos seus propios contos. Naceu na localidade galesa de Llandaff o 13
de setembro de 1916. Os seus pais, de orixe norueguesa, chamáronlle Roald en
honra ao soado explorador Roald Amundsen, o primeiro home que chegou ao Polo
sur.
A súa carreira como escritor desenvolveuse ao
longo das décadas dos anos 50, 60 e 70. Da súa pluma xurdiron títulos como “James
e o melocotón xigante”, “Matilda”, “Charlie e a fábrica de chocolate”, “Fantástico
Sr. Fox”, “O meu gran xigante bonachón”, "Os Gremlins" , "Danny,
o campión do mundo", "Que asco de bichos! O Crocodilo Enorme"
,"Contos en verso para nenos perversos" , entre outros. Relatos que,
a miúdo, saltaron ás pantallas de cinema para delicia de grandes e de mozos.
A meirande parte dos seus libros pódelos atopar na biblio de Pistacho!!
O que non cre na maxia nunca a atopará?, adoitaba afirmar o
escritor. E el, nas páxinas dos seus libros e contos publicados ao longo de
case cinco décadas, deixou claro que non só a atopaba, senón que a regalaba a
todo aquel que se penetraba no marabilloso mundo nado da súa imaxinación. As
súas narracións están cheas de xiros divertidos e inesperados pero repletos de
reflexións. Son fábulas que convidan a pensar; viaxes intemporales cuxo punto
de partida sempre é o mundo da infancia. Quizá porque Roald Dahl nunca esqueceu
do todo ao neno que un día foi.
mércores, 14 de setembro de 2016
PISTACHO está de volta!!!
Benvidos e benvidas ao curso 2016-2017!!!!
Pistacho e Pistachiña están de volta despois de pasar uns días moi emocionantes nos Xogos Olímpicos de Río!!!
Teñen moitas cousas que contarnos e veñen con moitas ganas de facer que este curso sexa tan ou máis emocionante e divertido co anterior.
Entre todos estamos traballando para a biblioteca sexa o centro de moitas actividades de lectura, investigación, e sobre todo, acoller a toda a comunidade educativa nun espazo no que compartir e colaborar.
martes, 21 de xuño de 2016
RESUMO DO CURSO
Ata aquí o curso 2015-2016!! Un curso cheo de actividades e sobre todo bos momentos!!
PISTACHO davos as grazas a todos e todas por participar, tanto aos nenos, persoal docente e familias!! Sen vós nada desto podería realizarse!!
Neste video hai un anaquiño de todo o que foi este curso!!
PISTACHO E PISTACHIÑA DESÉXANVOS UN FELIZ VERÁN!!
sábado, 18 de xuño de 2016
GRADUACIÓN DE INFANTIL E 6º DE PRIMARIA
Este venres tivemos no auditorio a graduación dos peques de 5 anos de infantil coa súa profe Vicky e dos nenos e nenas de 6º de primaria coa súa profe Lucinda. Foi una mañá moi bonita e emotiva, na que non faltaran unha obra de teatro, bailes, presentación de fotos e algunhas bágoas!!
Tamén as profes tiveron un detalliño para agradecerlle todo o esforzo e dedicación durante estes anos!! Grazas Vicky e Lucinda por ensinarnos tanto e por reflexar no voso traballo a vocación que tedes por esta profesión!!! Aos alumnos desexámoslle o mellor nesta nova etapa!!
mércores, 15 de xuño de 2016
VISITA DOS PEQUES DA GUARDERÍA
Hoxe tivemos a visita dos peques da guardería. Viñeron coñecer o seu futuro colexio. E os nosos nenos e nenas ensináronlle moi ben as súas aulas, os seus xoguetes,... Gracias pola visita!!
venres, 10 de xuño de 2016
LIBRO VIAXEIRO
Que gañas tiñamos de ver xa rematado o libro viaxeiro deste ano. E dende logo, Pistacho foi o protagonista. Conta a viaxe que Pistacho realizou a Río para ver os Xogos Olímpicos!!!! E alí pasáronlle unha chea de cousas, pero tamén tivo tempo para coñecer a alguén moi especial!! o conto titúlase: "O LORO PISTACHO LÁNZASE Á AVENTURA"
Teatriño na guardería
Onte e hoxe fomos a guardería de Bembibre a representar algunhas das obras fixemos no teatriño. Os peques portáronse xenial e parece que lles gustou moito. Mirade as fotos!!!
venres, 3 de xuño de 2016
FESTA CON KARAOKE!!
Para festexar todo o feito este curso dende a biblioteca, a Pistacho ocorreuselle facer un Karaoke na biblio, porque está convencido que neste cole hai moitos nenos e nenas artistas!!! E cre que o de cantar se lles da moi ben!!
Non o pensedes máis, anotádevos para poder participar!!!!
ENTREGA DE PREMIOS TEATRIÑO
Hoxe clausuramos o concurso de monicreques coa merecida entrega de premios aos participantes!! Foi moi difícil para o xurado a elección das mellores porque todos e todas o fixeron moi ben!! Temos uns grandes artistas no CPI de bembibre!! NORABOA!!!!
xoves, 2 de xuño de 2016
O TIGRE LADRÓN E A ESCOLA 3ºA
Simón, Darío e Diego de 3ºA contáronnos a historia chamada "O TIGRE LADRÓN E A ESCOLA"
OS NENOS PERDIDOS 3ºB
Dani, David e Luana de 3º representáronnos a obra titulada "OS NENOS PERDIDOS".
mércores, 1 de xuño de 2016
ROMEO E XULIETA 4º
Noelia, Giovana, Sandra, Analía e Manuel de 4º, representáronnos a obra chamada "ROMEO E XULIETA"
O ASNO PERDIDO 3ºB
Julia, Gabriel, Lidia e Iván de 3ºB contarónnos a historia titulada " O ASNO PERDIDO"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




