Os nenos e nenas de infantil fixeron este abecedario da PAZ de forma moi orixinal!! Cos seus corpos!!! Mirade que xeito lle deron!!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
luns, 30 de xaneiro de 2017
domingo, 29 de xaneiro de 2017
SOMOS HUMANOS
E como todo reporteiro, os de Bembibre tamén tivemos os nosos erros en plató. Aquí van unhas poucas TOMAS FALSAS que xurdiron despois de gravar estos noticiarios para o día da PAZ. Unha vez máis moitas grazas por vernos e por seguirnos en RADIO TV BEMBIBRE!! Estes reporteiros naceron para informarnos e sacarnos uns cantos sorrisos!! Un aplauso para todos eles!!!
NOTICIARIO DE PAZ 4ºA
Un día máis os reporteiros do CPI de Bembibre informan do máis destacado da actualidade, da sociedade, ... todo isto sempre na túa RADIO TV BEMBIBRE. Se é noticia, aquí contámoscho!!
A noticia de hoxe: A chegada da PAZ a COLOMBIA!!!
Así son as cousas e así volas contamos!!!
venres, 27 de xaneiro de 2017
NOTICIARIO DE PAZ 1º
E seguimos con máis noticias, máis novidades sobre personaxes de paz. Agora tócalle quenda aos reporteiros de 1º de primaria. Grazas a eles imos coñecer a vida de Evo Morales, o presidente de Bolivia!!!
Noticiario de PAZ 2º
E seguimos informando en RADIO TV BEMBIBRE!! Os nosos reporteiros non descansan. Desta vez, son as periodistas de segundo informando sobre unha pintora e poetisa mexicana, Frida Kahlo.
Seguimos en directo!!
Seguimos en directo!!
xoves, 26 de xaneiro de 2017
NOTICIARIO DE PAZ 4ºB
E seguimos cos reporteiros na RADIO TV BEMBIBRE!! Os nenos de 4º B trouxeron un convidado moi especial. Guillermo Fariñas, un activista pola Paz chegado dende Cuba!!
NOTICIARIO DE PAZ 6º
Os nosos corresponsais en Bembibre están informando en directo sobre a PAZ. Damos paso aos rapaces e rapazas de 6º.
Sigue a nosa canle RADIO TV BEMBIBRE! Estamos onde está a noticia!
mércores, 25 de xaneiro de 2017
Canción Paz 2017
Se queres ir practicando a canción que eleximos este ano para cantar o día 30 de xaneiro, pincha aquí!!
mércores, 18 de xaneiro de 2017
Receitas viaxeiras!!
Na clase de segundo temos moi bos cociñeiros. Grazas ás cualidades culinarias de Leo e da súa familia e coa axuda dun libro de cociña da mochila viaxeira, trouxéronnos a proba deste riquísimo biscoito de chocolate con lacasitos!!!!
Tamén o luns Pablo de infantil de 4 anos tróuxonos outro biscoito feito en familia e sacado tamén dun libro da mochila viaxeira!! Deste non temos fotos pero si sabemos que estaba riquísimo!!!
Tamén o luns Pablo de infantil de 4 anos tróuxonos outro biscoito feito en familia e sacado tamén dun libro da mochila viaxeira!! Deste non temos fotos pero si sabemos que estaba riquísimo!!!
venres, 13 de xaneiro de 2017
Campionato Campo a través
O xoves 12 de xaneiro o noso alumnado participou no campionato escolar Campo a través que se celebrou no concello de A Baña. Aquí tedes unha pequena mostra do que aconteceu.
Felicidades a todos, en especial aos clasificados!!!!
TERCEIRO POSTO ALEVÍN MASCULINO: LUCAS ALVARELLOS
SEGUNDO POSTO ALEVÍN FEMININO: IRIA CALVIÑO
SEGUNDO POSTO INFANTIL MASCULINO: JOAQUÍN GORIS
SEGUNDO POSTO CADETE FEMININO: MARÍA CASTRO
domingo, 25 de decembro de 2016
venres, 23 de decembro de 2016
CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN
Gracias a todos os que colaborastes nesta causa. Entre alumnado, familias e profesorado recaudamos 671,70 €.
mércores, 21 de decembro de 2016
POSTAIS GAÑADORAS
Felicidades a todas e todos os participantes desta nova edición do concurso de postais de NADAL!!! Foi moi difícil a elección e cremos que todos deberíades gañar, por iso tedes un diploma polo voso esforzo e participación!! As postais que o xurado seleccionou pola súa orixinalidade, creatividade e polos materiais de reciclaxe usados, son as seguintes:
domingo, 18 de decembro de 2016
Felicitación de Nadal!!!
Dende o CPI de Bembibre e gracias a participación de todo o alumnado, profesorado e persoal non docente creamos este mannequin challenge, na que quedamos inmóviles e conxelados como se o mundo se parase. Desta maneira tan curiosa queremos desexarvos FELIZ NADAL 2016!!!
POSTAIS 2016
Cada ano súbese o nivel!!! Sodes uns e unhas artistas!!! O día do festival anunciaremos os gañadores. Dende logo Pistacho e o xurado non o teñen nada fácil!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







