bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 10 de marzo de 2017

BÚSCANSE VALENTES!!

O alumnado de 6º de primaria, coa axuda de Adrián, expuxéronnos o tema do acoso escolar! Entre todos  e coa axuda de alguns amigos seus, explicáronnos o termo "bullying" e todo o que conleva. Tamén nos deron consellos, tanto aos alumnos como ao resto da comunidade educativa para porlle frente. Finalmente cantaron una canción para buscar valentes! STOP BULLYING!!!!







xoves, 9 de marzo de 2017

ELAS SEMPRE CONTAN

Moitas gracias a todas as familias por colaborar no noso mural "ELAS SEMPRE CONTAN". Gracias a vós, mulleres, poidemos facer máis visible a vosa labor como nais, tías, avoas, madriñas,.... GRACIAS por encher o noso mural de luz e alegría!!!



























mércores, 8 de marzo de 2017

8 de Marzo DÍA DA MULLER

O día de hoxe foi moi especial por todo o que fixemos e sentimos! Pola mañá asistimos a unha charla-coloquio de mulleres de aquí de Bembibre que tiveron a amabilidade de virnos contar a súa vida e como influiu o xeito de ser muller para certos aspectos. Moitas gracias a Cibeles, Carmita, Cristina, Carmen e Avelina!!! Elas, sempre contan e contan moito! Gracias a elas, poidemos sentir o difícil camiño que tiveron ( e seguen tendo) as mulleres en diferentes épocas!

E pola tarde tivemos a presentación dun libro, " UN ESPIÑOSO RAMO DE CHORIMAS". Todos os seus autores viñeron a visitarnos. Claro que viñeron, porque estaban aquí o ladiño!! Son os nenos e nenas de 1º ESO do cole coa súa profe Lucinda!! Léstedes ben, os escritores do libro son compañeiros nosos!!! MOITAS FELICIDADES!!!












martes, 7 de marzo de 2017

Doces da mochila viaxeira

Chegáronnos máis receitas doces da aula de infantil de 4 anos! Tanto Kevin  como Carla (xa  no entroido), como Lucía de 4*B, nos trouxeron unhas ricas magdalenas. Xa vedes a cara de contentos que tiñan estos nenos e nenas  coméndoas! 





luns, 6 de marzo de 2017

Quebracabezas da Paz

Xa temos o quebracabezas que fixemos entre todos o día da PAZ, colgado nun sitio moi visible no cole!! Mirade que ben quedou!!