E por fín chegou o día!! Fina Casalderrey veu visitarnos ao cole!! Visitounos na nosa biblioteca de Pistacho na que os nenos de infantil e 1º e 2º de primaria a estaban a esperar. Pasámolo moi ben falando con ela! E despois pasou pola biblioteca de Secundaria na que estaba o alumnado de 4º, 5º e 1º da ESO! Recibímola con gaitas!!! O alumnado de 1º da ESO tíñalle preparada unha presentación, o alumnado de 5º un recitado do libro "Un misterio na mochila de Alba" e o alumnado de 4º unha entrevista para saber máis sobre Fina!! Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a visita de hoxe! Gracias FINA!!!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
venres, 28 de abril de 2017
xoves, 27 de abril de 2017
Receita cubana!!
Gracias ao proxecto que levamos a cabo este ano no colexio, sobre os países de fala hispano-portuguesa, hoxe o alumnado de 4ºB de primaria, convertéronse en cociñeiros e elaboraron unha exquisita receita de Cuba. Fixemos un sándwich cubano. Aquí temos a mostra da xornada. Tamén tendes un video coa receita por se queredes elaborala. Nós recomendámosvos facela porque estaba moi rico!!
martes, 25 de abril de 2017
23 de Abril DÍA DO LIBRO
Este luns celebramos no cole o día do libro, sacando os libros ao patio. Da man dos padriños e madriñas ian os afillados e afilladas para recibir un agasallo: unha lectura! A cambio, recibían un marcapáxinas dos seus afillados/as! Todo esto trascorreu no patio nun día solleiro!!! Foi una tarde moi entretida.
Pero ainda nos quedan sorpresas para seguir celebrando o día do libro. Xa que Pistacho contactou cunha das escritoras máis importantes da literatura galega, sabedes xa quen é? Sen lugar a dúbidas, FINA CASALDERREY vennos visitar este venres a biblioteca de Pistacho!
mércores, 19 de abril de 2017
Receitas viaxeiras
Xa de volta das vacacións, seguimos saboreando novas receitas que aprendedes polos libros da mochila viaxeira. Desta vez, tocoulle a Lorenzo de 2º, que nos trouxo un rico bizcoito!! Mirade que larpeiros os de 2º!!!
martes, 18 de abril de 2017
domingo, 16 de abril de 2017
“Un espiñoso ramo de chorimas”
Por fín temos o pracer de presentarvos, en exclusiva, o libro que elaboraron o alumnado de 1 da ESO coa súa mestra Lucinda, “UN ESPIÑOSO RAMO DE CHORIMAS”, en formato audiolibro.
luns, 3 de abril de 2017
Feira-demostración EMERXENCIAS
Este venres, poidemos asistir a unha feira demostración-exposición de EMERXENCIAS, organizada pola Protección Civil de Val do Dubra. Tivemos a oportunidade de ver unha exposición de material que se usa para rescates, para incendios, accidentes... Tamén vimos unha exhibición de DRÓNS. E ata tivemos xogos como a tirolina, poidemos subirnos a mostos e coches da guardia civil, ambulancias, camión de bombeiros,... Aquí vos deixo unha mostra da xornada. Ata veu a TVG a gravarnos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











