bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

sábado, 16 de decembro de 2017

CARREIRA SOLIDARIA

Este venres realizamos a carreira solidaria SAVE THE CHILDREN, na que todo o recaudado irá para esta ONG. 
Foi unha xornada moi divertida e solidaria. Este ano como novidade, fixemos entrega dunhas medallas que foron realizadas polo alumnado con material de refugallo. Mirade un pequeno resumo.
X PINCHA PARA VER TODAS AS FOTOS

ÁRBORE DE NADAL

Xa temos árbore de Nadal!!! Pistacho está moi contento porque temos unha árbore moi bonita no cole. Totalmente feita con material de reciclaxe, rolos de papel hixiénico que fomos traendo. Estimamos que levará cerca de 1000 rolos. Xa vedes que é xigante!!!

martes, 12 de decembro de 2017

CAIXAS LECTORAS

Xa contamos na nosa biblio con CAIXAS LECTORAS. Son caixas que teñen dentro un libro e moitísimo material para que nos axude a contar ese conto. De momento contamos coas caixas de: 

"A QUE SABE A LÚA"  e "CARTAS A RATÓN PEREZ"

ITINERARIO LECTOR


Receitas de Nadal

Estos días Nerea de 5 anos, trouxo unhas ricas galletas de Nadal. Había formas moi variadas, arboliños de Nadal, estrelas, corazóns,...  E polo que lles oín aos seus compañeiros e profe, estaban moi ricas!!!!

martes, 5 de decembro de 2017

CHARLA SOGAMA

Hoxe o alumnado de primaria puido asistir a unha charla sobre o coidado do medio ambiente e como separar os residuos que xeramos. Tamén nos dou consellos para REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. 
Veunos xenial para refrescar e aprender coñecementos sobre un tema que estamos traballando moito no colexio. Co proxecto REMEXENDO CONCIENCIAS queremos concienciar aos nenos e a toda a comunidade educativa sobre o importante que é o coidado do medio ambiente. De momento no cole xa temos contedores de todas as cores nas aulas e tamén un composteiro onde meter o orgánico.

luns, 4 de decembro de 2017

COMPOSTEIRO MONTADO

Xa temos o composteiro montado para empezar a aproveitar todos os restos orgánicos que producimos coas merendas. Despois usaremos o abono creado para o horto que plantemos. 

CONCURSO DE PAPELEIRAS


Novas receitas!!!

Os luns son marabillosos grazas aos postres caseiros que nos traen estos nenos/as. Hoxe chegaron unhas ricas magdalenas de Manuel de infantil de 5 anos.

venres, 1 de decembro de 2017

Visita de AVANTE

Avante é unha entidade sen ánimo de lucro, que se crea co fin de defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade, promover a súa plena integración, así como as actitudes sociais positivas de cara este colectivo.
E hoxe tivémolos no cole. Moitas grazas pola visita e polos talleres.

xoves, 30 de novembro de 2017

CONCURSO DE PAPELEIRAS

Xa temos as nosas papeleiras personalizadas nas aulas. Hoxe un xurado pasou por todas as aulas para valorar como quedaron. Tivemos que facer 3 papeleiras: unha amarela para envases, latas e bricks; unha azul para a reciclaxe de papel e cartón e outra verde para o orgánico. Esta última aproveitarémola para encher o noso composteiro e facer abono.
Fai clic na imaxe