bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 16 de marzo de 2018

Visita a Sogama

Dentro do noso proxecto "Recíclate con Sogama" , o alumnado de 4º e 6º de primaria, tivo a oportunidade de visitar a planta de reciclaxe de Sogama. Realizaron unha visita guiada pola planta e explicáronlle o proceso polo que pasa cando os residuos chegan alí.



martes, 13 de marzo de 2018

Xogos de reciclaxe

Este curso, como ben sabedes, estamos a traballar a reciclaxe e o medio ambiente. Queremos que nos axudedes a elaborar xogos con materiais reciclados ou que xa non usamos. Queremos que os nenos saiban que moitos materiais se poden aproveitar e darlles unha nova vida, cun fin lúdico!!  Grazas a vosa colaboración poderemos crear un recuncho de xogos para os recreos. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos de cando nos veu visitar Xandobela cos seus xogos.


venres, 9 de marzo de 2018

8M-DÍA DA MULLER TRABALLADORA

FAITE VALER, NON DEIXES DE SOÑAR E DE LOITAR POLO QUE QUERES. EDUCANDO NA IGUALDADE.


MAXIA POLA IGUALDADE

Onte, no día da Muller Traballadora, grazas ao concello de Val do Dubra, poidemos disfrutar da maga Fani cun espectáculo chamado "Maxia pola igualdade". Un show de ilusionismo  que nos amosou que non pasa nada se non gañas, que todos somos iguais e que o sentido do humor pode con todo.

xoves, 8 de marzo de 2018

Receitas viaxeiras

Esta semana, Elena de 2º de primaria, aprendeu a facer coa súa familia unha receita do libro de cociña da mochila viaxeira. E como é tan boa compañeira, trouxonos a proba. Uns ricos cupcakes!!!

mércores, 7 de marzo de 2018

Receitas

Esta semana Rodrigo de 2º de primaria levou a mochila viaxeira para a súa casa coa súa familia. E de volta veu un espectacular postre. Un bizcoito de chocolate con forma de peixe!! Mirade que caras se lles quedaron aos compañeiros con semellante obra de arte!! 

venres, 2 de marzo de 2018

CAMPO A TRAVÉS NOIA

Aquí vos deixamos un  pequeno video sobre o que foi Campo a través en Noia. E como os  benxamíns se fixeron cun posto no podio!!!