bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
mércores, 23 de maio de 2018
TEATRIÑO DE MONICREQUES
" VOU A COMEDTE": Lucía, Julia, Noa, Luana e Marina (5º B)
"AS TRES PROBAS": Mateo, Dani, Gabriel Pose, Iván e Saúl (5ºB)
LETRAS GALEGAS
A semana pasada tamén tivemos outra actuación no auditorio para homenaxear a Mª Victoria Moreno, grazas ao concello do Val do Dubra.
Foi sobre a obra de "Pan con chocolate"
Foi sobre a obra de "Pan con chocolate"
martes, 22 de maio de 2018
TEATRIÑO DE MONICREQUES
"CROCODILO E MORCEGO EMPEZAN O COLEXIO": Roberto e Yago B. (5ºA) e Yago (3º)
"O PAÍS DOS UNICORNIOS": Laura (6º), Paula, Triana, Abril, Adrián e Anxo (3º)
luns, 21 de maio de 2018
TEATRIÑO DE MONICREQUES
GRÚFALO: Carmen ( INF B) e familia
A IMPORTANCIA DO BOSQUE: David, Sandra, Rubén, Gabriel Parcero e Raúl 5ºB
4º ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO
O mércores 16 de Maio, fixemos a seguinte etapa do Camiño de Santiago: Arzúa- Pedrouzo. Foron 19,1 km con un clima moi bo. Fomos algo máis lentos do normal pero acabamos sen ningún incidente. Unha etapa con case ningún monumento histórico que ver pero con moita beleza en canto a paisaxes e natureza.
mércores, 16 de maio de 2018
LEDICIA COSTAS
Hoxe tivemos con nós a Ledicia Costas. Escritora galega que recibiu innumerables premios polos seus libros. Entre eles, soaravos "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Esmeraldina, a pequena defunta" ou "A señorita Bubble".
Como non podíamos desaproveitar a ocasión, fixémoslle unha pequena entrevista para coñecela un pouco mellor. Tamén o alumnado de 6º lle tiña preparado un recitado, "Do A ao Z" sobre a súa vida e obra.
Tampouco faltou a sesión de firma de libros.
Moitas grazas Ledicia por acompañarnos nesta semana das Letras!!
Aquí vos deixamos imaxes e un video do acontecido.
martes, 15 de maio de 2018
SEMANA DAS LETRAS
Namentres, déixovos enlaces para que poidades saber un pouquiño máis de Mª Victoria Moreno.
Clica nas imaxes
Clica nas imaxes
XOGOS INTERACTIVOS
luns, 14 de maio de 2018
REMEXENDO CONCIENCIAS
Aquí vos deixamos un bonito vídeo que mostra todo o traballo feito sobre o proxecto "REMEXENDO CONCIENCIAS"- Recíclate con Sogama. Este curso adentrámonos de cheo no coidado do medio ambiente. Aprendemos tantísimo e cambiamos tantas rutinas que facíamos mal que estamos moi orgullosos de todo o conseguido!! E aínda nos queda por conseguir e aprender xa que este tema dá para moitos cursos!!! Nós seguiremos traballando e esforzándonos porque éste sexa un mundo mellor!!!
NOVO HORARIO MONICREQUES
Tivemos que realizar pequenos cambios no horario das obriñas de monicreques. Estade atentos que xa queda pouco!!!
mércores, 9 de maio de 2018
Xardín vertical
Aquí vos mostramos máis fotos do noso xardín vertical. Como vedes pouco a pouco vai cambiando e vámoslle engadindo máis plantas e ata un banquiño para disfrutar deste recuncho tan acolledor. Estades todos invitados a ver o noso recuncho natural!!
Auditorio
Esta semana tivemos dúas actuacións no auditorio para o alumnado de Infantil e Primaria.
Unha delas foi "O Cardume", no que se combinaba a narración oral coa música en vivo. Os nosos pequenos puideron participar cantando e bailando!
E para os de primaria tivemos o espectáculo de " Os golfiños e o xigante". Unha fábula contada con sombras chinesas baseada sobre feitos reais da vida de Bao Si Shun, considerado polo Record Guiness o home máis alto do planeta.
xoves, 3 de maio de 2018
HORARIO MONICREQUES
Aquí vos deixamos as obras participantes e o horario no que ides actuar. Agora tócavos poñervos mans á obra na elaboración dos monicreques e ensaiando. Tendes o teatriño na biblio para cando necesitedes practicar.
mércores, 2 de maio de 2018
3º ETAPA: PALAS DE REI- ARZÚA
Este luns 30 de Abril, continuamos coa 3º etapa do Camiño de Santiago: Palas de Rei- Arzúa.
28,8 km dunha etapa denominada "Rompepernas" polas súas subidas e baixadas.
Pero nós, uns rapaces e rapazas tan preparados, non tivemos ningún tipo de problema en acabala en moi boas condicións.
O Camiño, unha experiencia única, emocionante, alucinante, extraordinaria,... Desexando facer a seguinte etapa!!
Aquí vos deixamos un video mostrándovos o que vimos e vivimos.
martes, 1 de maio de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















