bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 13 de novembro de 2018

Premiados relatos de medo

Hoxe, fíxose entrega aos premiados, agasallos pola súa participación no concurso de relatos de medo que convoca o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.


luns, 12 de novembro de 2018

Video concurso de vasoiras

Aquí vos deixamos un pequeno video coas fotos das vasoiras e os pequenos bruxos e bruxas montados nelas!!


venres, 9 de novembro de 2018

Taller de convivencia

Hoxe tivemos un taller de convivencia no cole, coas aulas de 5 anos, 4º e 5º de primaria. Aquí vos deixamos algunhas fotiños!

Receita de galletas de choco

Desta vez tocoulle a Mateo de 6ºB, que nos trouxo a proba dunhas ricas galletas de chocolate con cereais, que sacou do libro de receitas da mochila viaxeira!! Estaban moi ricas!!!

martes, 6 de novembro de 2018

Gañadores concurso vasoiras

Foi un éxito absoluto a participación!! Grazas a todas as familias pola súa implicación e por entender esta actividade como algo positivo no que disfrutar cos nosos fillos e pasar un bo momento facendo cousas xuntos!! 

venres, 2 de novembro de 2018

Talleres Samaín e Magosto

Hoxe foi unha xornada diferente. Tivemos unhas mañá chea de talleres de Samaín, nos que fixemos manualidades, vimos pelis, contáronnos contos, xogamos e ata creamos contos nós mesmos!!
E pola tarde tivemos o Magosto e fartamos a comer castañas!!!
Facede clic na imaxe para ver as fotos.

Contacontos de medo

Esta semana na hora do proxecto lector, fixemos sesións de contacontos de medo. Os maiores léronlles contos aos pequenos!!

Taller de cociña terrorífica!!

Esta semana, os nenos e nenas de 3 aniños fixeron un taller de minipizzas terroríficas e ataúdes!! Despois foron aos fornos da cociña do comedor e a papar!!! Estaban moi ricas!! Mirade que ben o pasaron!! Clicade na imaxe para ver as fotos!

martes, 30 de outubro de 2018

Charla perigos de Internet

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla informativa sobre os perigos de internet e en concreto sobre as redes sociais.