Grazas a todos vós, temos a entrada do cole con unha morea de adornos de Nadal. Todos caseiros e super orixinais. Espero que disfrutarades moito facéndoos porque nós disfrutamos moito vendo a nosa exposición!!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
luns, 17 de decembro de 2018
ITINERARIO LECTOR
Libros de lectura obrigada. Despois de Nadal, cada alumno terá que traer os libros que lle corresponden na súa aula!
sábado, 15 de decembro de 2018
Carreira solidaria Unicef
O venres 15 celebramos no colexio a Carreira solidaria "Gotas para Níger", iniciativa de UNICEF.
Ademais de facer deporte, pasámolo xenial xa que tanto infantil, primaria como secundaria nos xuntamos por unha boa causa. Moitas grazas por todos os donativos que nos chegaron. Ao longo destos días faremos público o recaudado. Agora vos deixamos unhas fotos e un vídeo desta carreira especial.
ACTUALIZAMOS: TOTAL RECAUDADO:
702,67 €
venres, 14 de decembro de 2018
Postres viaxeiros
Hoxe chegounos outro postre de Julia, da mochila viaxeira de 6ºB. Os deliciosos bombóns de choco e cereais teñen moito éxito!! E os mestres hoxe tamén tiveron a súa proba, unhas rosquillas de choco. Pero como son tan larpeiros non dou nin tempo a facer unha foto!!!
Moble restaurado
Grazas ao alumnado que colaborou e ao profe Diego de 1º, restauramos no cole un moble vello que tiñamos. Agora vainos a dar utilidade no noso recuncho do sofá e o xardín vertical. Mirade como de algo inservible, se pode converter nun moble novo.
mércores, 5 de decembro de 2018
Benvida Ariadna
Case nos esquecemos de darlle a benvida a unha nova alumna, Ariadna de 5º. Aquí temos a foto cos seus compañeiros!!!
Moitas novidades!
Aquí vos deixamos moitas das adquisicións que fixemos esta semana! Espero que vos gusten e veñades a biblio a por elas!!!
xoves, 29 de novembro de 2018
Foto grupo 1ºB
Actualizamos a foto do grupo de 1ºB, xa que lle queremos dar a benvida ao noso novo compañeiro Luis. Benvido!!!!!
martes, 27 de novembro de 2018
Receitas viaxeiras
Mmmmm!!! Que delicia de receitas nos traen estes nenos. Desta vez, Dani de 6ºB tróuxonos uns ricos bombóns de chocolate e cereais. Mirade que pintaza!!!
luns, 26 de novembro de 2018
LA PUERTA VIOLETA
Queremos ensinarvos un video que fixemos co alumnado sobre a canción "La puerta violeta" de Rozalén. Unha canción que nos serviu para traballar este ano o día contra a violencia de xénero.
Facede clic no video para velo.
Tamén vos deixamos outro pequeno video no que se mostra o noso mural e as portas decoradas para este día!!!
domingo, 25 de novembro de 2018
luns, 19 de novembro de 2018
Receitas viaxeiras
Esta semana, Izan, de 1ºB, trouxo un rico postre feito polo libro de cociña da mochila viaxeira!! Unha deliciosa torta de chocolate!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







































