Este martes o alumnado de infantil puido disfrutar dunha sesión de monicreques no auditorio. Esta actividade foi realizada por Raquel Queizás e chamáballe "O xogo de Nano". Sabemos de primeira man que os nenos e nenas sairon encantados desta actividade tan dinámica e interactiva!! Botádelle un ollo ás fotos.
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
martes, 17 de decembro de 2019
mércores, 11 de decembro de 2019
ITINERARIO LECTOR
Dende
a biblioteca escolar, e como proxecto de animación á lectura, imos
a traballar con libros de lectura obrigada este curso.
Para
iso, propoñemos que aproveitedes este Nadal para agasallar aos nenos
e nenas con algún dos libros que terán que ler.
A
volta das vacacións de Nadal terán que traer os libros da lista que
lle tocan na súa aula.
Esta
é a lista.
martes, 10 de decembro de 2019
Obradoiros de narración oral
Onte e hoxe tivemos uns obradoiros de narración oral impartidos por Carmen Conde. Fixemos voar a nosa imaxinación para crear historietas tendo en conta a igualdade de xénero.
xoves, 28 de novembro de 2019
VIDEO RESUMO DO 25N
Vede este video que resume moi ben todo o que foi o día do 25 de novembro contra a violencia de xénero. Tamén podedes escoitar a canción que se elexiu para ese día: "Nunca ninguén" de A banda da loba.
martes, 26 de novembro de 2019
25N- Manifesto
O alumnado de sexto de primaria leu un manifesto para conmemorar este día. Co lema : NIN UNHA MÁIS NIN UNHA MENOS
25N Obra de teatro
Aquí vos imos ensinando todo o que aconteceu o 25 de novembro no colexio. Empezamos asistindo ao auditorio para ver 4 obriñas realizadas polo alumnado de cuarto e sexto de primaria. Merece a pena que as vexades porque fainos reflexionar sobre situacións da vida cotiá nas que deberíamos correxir algunhas conductas machistas. Pero sempre con ese toque de humor que lle pon a mestra Lucinda!
luns, 25 de novembro de 2019
25N contra a violencia de xénero
Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no colexio o día contra a violencia de xénero. Un día moi emotivo e cheo de diferentes actividades. Entre elas, unha obra de teatro, bailes, cancións, lectura de manifestos,.. Un día no que todos vestíamos unha camiseta branca cun lema moi claro #NINUNHAMENOS.
Deixámosvos un adianto. En breves vos ensinaremos máis.
venres, 8 de novembro de 2019
Excursión 1º e 2º
O alumnado de 1º, 2ºA e 2º B realizou onte unha saída ao Museo de Historia Natural de Santiago. Botádelle un ollo ás fotos porque creo que lles gustou moito.
sábado, 2 de novembro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

