Aquí vos deixamos os debuxos participantes no concurso de debuxos e lema para o 8M deste curso. O debuxo elexido será impreso nunha gran pancarta para colgar no cole e así facer visible que estamos traballando para conseguir a igualdade. "Camiñando cara a igualdade" foi o lema elexido este ano. Moitas gracias a todas as familias por participar!!
bibliobembibre@gmail.com
venres, 5 de marzo de 2021
mércores, 24 de febreiro de 2021
DÍA DE ROSALÍA- 24 DE FEBREIRO 2021
Aquí vos deixamos todas as actividades que realizamos este día. Entre elas un marcapáxinas, un scape room sobre a súa vida ou un audiolibro. Deixámosvos o enlace ao xogo de Rosalía:
https://view.genial.ly/6016977d22eaac0d7191f9a4/game-descubrindo-a-rosalia-de-castro
domingo, 14 de febreiro de 2021
Entroido 2021
mércores, 10 de febreiro de 2021
Mandatos do xoves
Aquí xa temos o atuendo completo desta semana!! Xa non temos que espertarnos moi cedo porque xa podemos vir directiños da cama!!!
martes, 9 de febreiro de 2021
Mandatos do mércores
luns, 8 de febreiro de 2021
venres, 5 de febreiro de 2021
Mandatos do Meco
venres, 29 de xaneiro de 2021
3O de xaneiro Día da PAZ
Hoxe celebramos o día da PAZ no cole. Como todos os anos soltamos cada aula un globo decorado con mensaxes de paz. Tamén cantamos e bailamos unha versión da canción de Jerusalema. Xa veredes que ben nos saíu. Como novidade este ano, colgamos unha pomba a entrada de cada clase. E tamén redecoramos un recuncho do cole como Recuncho da Paz. Alí iremos para solucionar problemas e sobre todo tranquilizarnos.
Botádelle un ollo ás fotos.
mércores, 23 de decembro de 2020
BADALADAS A GOLPE DE CAZOLA
Pois si, tivemos a festa de Noitevella no cole. E celebrámolo por todo o alto. Viñemos vestidos coas nosas mellores galas e a golpe de cazola e unha culler puxémonos a comer lacasitos e gusanitos. Hai que decir, que estas badaladas eran máis lentas do normal para poder saborear os lacasitos. Para rematala festa, cantamos unha panxoliña de Mama Cabra "Estación Nadal". Aquí tendes proba de todo:
martes, 22 de decembro de 2020
NON VAS PODER CON NÓS
Aquí vos deixamos este bonito vídeo que realizamos para este Nadal. Para dar forza e enerxía a xente que o necesite. Fixémolo con moita ilusión e agarimo. Esperamos que vos guste. Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal e moi feliz 2021.
luns, 21 de decembro de 2020
Talleres de Nadal
O día de hoxe foi moi productivo. Ademais da carreira tamén nos dou tempo a realizar talleres de Nadal, nos que fixemos manualidades, vimos algunha peli e ata fixemos karaoke. Aquí vos deixamos os resultados.
CARREIRA SOLIDARIA
Aquí vos deixamos fotos da carreira solidaria para colaborar con Save the Children, que tivo lugar hoxe.
Xa podemos decir que o total recaudado é de: 1.000 €
Moitas gracias a todos !!








