Aínda que cun pouquiño de demora polas condicións meteorolóxicas, este ano tamén tivo lugar no cole o apadriñamento lector. Un momento moi especial e unha boa maneira de lograr o gusto pola lectura! 📚
bibliobembibre@gmail.com
martes, 2 de maio de 2023
DÍA DO LIBRO 2023
xoves, 9 de marzo de 2023
8 M
Por aquí vos deixamos fotos do acto simbólico realizado no cole para conmemorar este día.
No CPI de Bembibre sementamos igualdade! 💜
venres, 3 de marzo de 2023
Día de Rosalía
Un ano máis non puidemos deixar de celebrar o día de Rosalía de Castro. Este ano quixemos traballar un pouco máis o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" así que cada aula se encargou de dous versos do poema, os cales agora acompañan os nosos pasos cada día!
Ademais, tamén realizamos un mural para conmemorar este día elaborando flores e bolboretas que agora dan cor ao noso corredor e nos axudan a manter vivo o legado desta figura tan importante na cultura galega.
E empregando técnicas tan divertidas como o grafismo creativo e o pop art, achegámonos máis de preto a esta poetisa.
mércores, 22 de febreiro de 2023
Os mandatos do Meco deron inicio ao Entroido no cole. Este ano ademais quixemos achegarnos ás personaxes típicas do Entroido en Galicia e con iso elaboramos un mural ben colorido!
Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día do Entroido, vaia festaza! O baile, a música, o desfile polo pobo, o chocolate e os disfraces fixeron do venres un día ben especial 🎭
mércores, 8 de febreiro de 2023
Xa comeza a ulir a Entroido no CPI de Bembibre e como queremos montar unha boa festa, aquí vos deixamos os mandatos do meco para que vaiades preparándovos para lucir as vosas mellores galas 🎭
Pistacho xa está desexoso de vervos para comprobar se vos recoñece pero que disfrace escollerá a nosa mascota este ano?
O venres, o meco, deixa vía libre para que nos sorprendades coas vosas máscaras e disfraces favoritos!🎉
mércores, 1 de febreiro de 2023
DÍA DA PAZ
No Día da Paz, coma todos os anos, saímos ao patio para realizar un acto simbólico. Este ano decidimos que era hora de coidar un pouquiño máis o medio ambiente e cambiar o lanzamento de globos por outra actividade en conxunto. Cada un/ unha de nós decorou unha pedriña con palabras referidas á paz e con todas elas creamos unha instalación para conmemorar este día.
E como non, non podía faltar a música para acompañarnos!
Tamén tod@s colaboramos cunha pluma na creación dun mural na entrada do cole. Cada unha delas garda unha mensaxe moi importante para este día e para todos os demais.
Outra das actividades foi unha instalación de pombas da paz cuxo carteliño ten as cores da bandeira de Ucraína e mensaxes que desexan o fin da guerra en todo o mundo e a volta da paz, pois como podía lerse nalgunha mensaxe, "A paz é moi bonita"!
mércores, 28 de decembro de 2022
Nadal 2022
O último día de cole sempre é moi emocionante e este non podía ser menos, houbo moitas sorpresas ao longo da mañá e tamén tempo de manter as tradicións. Botade un ollo!
luns, 26 de decembro de 2022
Escola de Música e Carreira Solidaria
Aquí vos deixamos unha mostra do que deu de si o penúltimo día de cole, foi un día moi divertido á par que importante e solidario.
Grazas polas vosas ganas na carreira e grazas tamén por todas as aportacións económicas que van destinadas, este ano, á cociña económica de Santiago.
mércores, 7 de decembro de 2022
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Por iso, as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria puideron gozar dunha xornada de sensibilización por parte da Asociación Avante. Se ollades as súas redes sociais podedes ver algunha foto máis desta xornada.
luns, 28 de novembro de 2022
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Dende o CPI de Bembibre, un ano máis, loitamos contra a violencia de xénero.
Grazas familias, por axudarnos a vencer esta lacra! 💜
venres, 28 de outubro de 2022
SAMAÍN E MAGOSTO
Hoxe foi un día moi divertido no cole, aínda que tamén un pouquiño terrorífico! 👻 Chegamos entusiasmad@s por amosarlle os nosos disfraces ao resto do cole (xa levabamos semanas agardando e preparando todo pero hoxe, por fin, era o día)!
Despois do recreo, degustamos unhas riquísimas castañas. Que boas estaban, pero estabamos moi preocupad@s por se atopabamos algún vermiño!!🐛
Para finalizar o día realizamos uns obradoiros de Samaín e sacamos fotos a esgalla, aquí vos deixamos boa mostra!
mércores, 26 de outubro de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro conmemórase o días das bibliotecas escolares. Aquí vos deixamos enlace á presentación do curso pasado coa que podedes recordar as orixes desta celebración. https://recunchodepistacho.blogspot.com/2021/10/dia-das-bibliotecas.html
Este curso, coa biblio funcionando a pleno rendemento, pareceunos que era o lugar ideal para levar a cabo as accións pensadas para celebrar o seu día. Así que os nos@s compis máis maiores prepararon unha dramatización coa que pasamos un anaco ben divertido. Aquí vos deixamos unha mostra:
E tamén sacamos moitas fotos!!
Pero a celebración deste día comezou moito antes, pois trouxemos o noso conto/libro favorito para ensinarlle ao resto da clase e coas fotos de tod@s nós, elaboramos un mural ben bonito.
venres, 21 de outubro de 2022
Coidado coidado, xa están aquí!
Booo!! 👻
Avecíñanse días terroríficos no CPI de Bembibre! 👾
Os monstros do Samaín están chegando e xa deixaron a súa pegada na biblio de Pistacho 😱
Mirade mirade...👀
xoves, 29 de setembro de 2022
ALUMNADO 2022/2023
Un ano máis, aquí vos deixamos as fotos de todos os grupos do cole! Con moitas ganas deste novo curso no que seguiremos aprendendo e compartindo momentos xunt@s! Comezamos!!!
luns, 12 de setembro de 2022
BENVID@S AO CURSO 2022-2023
Benvid@s a un novo curso escolar! Este ano volvemos pouco a pouco á normalidade. Que gusto dá volver a vernos as caras!
Este ano poderemos desfrutar da nosa renovada biblio dende o mes de outubro, xa falta pouquiño! Tamén temos moitas caras novas no cole así que estades atent@s porque en breves subiremos as fotiños dos nosos grupos.
Como cada ano, comezamos con moita ilusión por aprender cousas novas, facer novas amizades e seguir crecendo como persoas.
.jpg)



.png)

.png)



.png)
.png)



