Tiñamos tantas gañas de que saíra á luz a nova edición do xornal O Picoto, que estamos moi contentos de poder ensinarvos o noso traballo destes meses atrás. Este ano o alumnado de 6º coas súas profes fixeron a maquetación. E as demáis aulas traballamos para colaborar sendo editores e mandarlles as seccións deste xornal que ten de todo! Esperemos que vos guste.
bibliobembibre@gmail.com
mércores, 15 de maio de 2024
O mércore 8 de maio celebramos unha convivencia deportiva co alumnado do colexio Inmaculada, de Sta Comba. Neste resumo podedes comprobar o bo ambiente e as diferentes actividades practicadas: baloncesto, futbol, voleibol e como non o pano para rematar a mañá. Moitas grazas a todos pola participación lúdica nesa mañá solleira.
venres, 26 de abril de 2024
RADIO BEMBIBRE
Temos o pracer de presentarvos un novo proxecto no que estamos inmersos, xa temos radio no cole!!! Levamos tempo formándonos para poder dar o mellor de si desta nova e motivante ferramenta.
Imos deixar aquí o enlace para que poidades encontrar todos os podcast que imos ir gravando. Vai haber moita variedade de temas, asique animádevos a escoitarnos que seguro botades unhas risas e aprendedes moito!!!
Esperamos que vos guste!!!
FAI CLIC AQUÍ
martes, 23 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR
Que bonito día tivemos para o día do libro e para facer como todos os anos o apadriñamento lector.
Desfrutamos léndolle contos aos nosos afillados e afilladas. Aquí vos deixamos proba dos momentos tan máxicos que se crearon cun conto de por medio.
Os afillados e afilladas agradeceron a lectura cunha flor, un clavel.
luns, 11 de marzo de 2024
Xornada intercomarcal de Cros
A localidade de Noia acolleu a fase intercomarcal de cros. Unha maña intensa con bo ambiente, bo tempo e onde o deporte e os máis de 700 deportistas foron os protaganistas.
sábado, 10 de febreiro de 2024
Desfile entroido 2024
A mellor festa do ano, a do Entroido!! Xa podedes ver un pouquiño do desfile que tivo lugar no pabillón en Bembibre por mor da choiva. Tamén tendes o enlace ás fotos subidas.
Desfrutade moito destos días!!!!
martes, 6 de febreiro de 2024
SAVE THE CHILDREN
A carreira solidaria recaudou un total de 795,83€. Dende Save the children dannos as grazas a toda a comunidade por colaborar!!! Graciass familias!!
venres, 2 de febreiro de 2024
Mandatos do Meco
Xa chegou o entroidooo!! E con el os mandatos do Meco. Asique aquí vos deixamos os complementos que tendes que traer durante toda a semana que ven! Que ben o imos a pasar!! Viva o entroido!!!!
martes, 30 de xaneiro de 2024
DÍA DA PAZ E CARREIRA SOLIDARIA
Hoxe foi un día tan intenso como especial. O día da PAZ sempre o é.
Primeiro comezamos coa solta de globos biodegradables que a cativada tanto lle gusta. Despois cantamos a canción "Vivan las manos de colores", e finalmente realizamos a carreira solidaria a favor de Save the children.
Na conta de instagram podedes ver todo con máis detalle pero se facedes clic no seguinte enlace tamén tendes unha morea de fotos para coñecer o noso día.
venres, 12 de xaneiro de 2024
Xornada de convivencia
O 19 de decembro tivo lugar unha xornada de convivencia multideportiva entre o alumnado do CEIP Pepe de Xan Baña e o alumnado do CPI de Bembibre. Grazas ao alumnado de Traba-Castriz polo seu recibimento e amabilidade. Vémonos noutra!!
xoves, 21 de decembro de 2023
Bo Nadal e feliz aninovo
Familias, esta semana estivo chea de sorpresas e cousas bonitas.
Onte tivemos unha obra de teatro de monicreques e fixemos talleres de Nadal.
E hoxe veunos visitar Papanoel e os paxes reais para recoller as nosas cartas. Tamén disfrutamos das actuacións que nos tiñan preparadas no auditorio. Que artistas temos no cole!!!
E finalmente tivemos as badaladas, podedes ver o elegantes que iamos todos!!
No seguinte enlace podedes ver todas as fotos e no instagram da biblio as actuacións!!
https://photos.app.goo.gl/tb7HgA3mugEDNywd8
Aproveitamos para desexarvos un Bo nadal e unha feliz entrada de ano!!! Vémonos no 2024!!
luns, 27 de novembro de 2023
Cross A Baña 2023
Aquí vos deixamos o que foi este venres na saída que fixeron os nosos pequenos a Baña para participar en Campo a Través.
luns, 13 de novembro de 2023
Proxecto Nutriescolas
Este curso o cole participa no Plan Proxecta da Xunta, Nutriescolas. O proxecto “Nutriescolas” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa.
Froita e leite na escola para todo o alumnado. Esta semana comezamos un primeiro período de 10 días de froita. Entre as cales comeremos plátano, caqui, laranxa, granada, mazá,…
Con este recurso queremos fomentar o consumo de froitas frescas e leite coa finalidade de configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado.
Mochilas viaxeiras
Aquí vos deixamos unha foto que tiñamos ganas de subir. Xa que dende a pandemia non poidemos volver a mandar as mochilas viaxeiras. Pero este ano por fin viaxarán polas vosas casas!! Tendes libros de cociña, xogos, poesía, comic, revistas,… para todos os gustos!! Desfrutade moito con elas!!!
xoves, 9 de novembro de 2023
Novembro: mes da ciencia en galego
Pistacho, nestes días de novembro, escolleu para todos vós, varios rexistros bibliográficos sobre ciencias en galego.
Canto vamos aprender este mes!!!


















.jpg)
