bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 24 de febreiro de 2015

Eu son Rosalía


Hoxe 24 de febreiro é o día de Rosalía, fai hoxe 178 anos naceu Rosalía de Castro, a máis grande poetisa do noso país. Por tal motivo, queremos presentarvos unha actividade para coñecer mellor a esta muller e a súa obra.


Actividade Lim.



xoves, 19 de febreiro de 2015

Festa do entroido

Este ano celebramos o entroido no pavillón de Bembibre.  Os nenos de primaria iamos de oficios. Había de todo, cociñeiros, mestres, mariñeiros, militares, médicos, pallasos e ata xubilados. Despois das xeniais actuacións que fixemos, poidemos degustar un rico chocolate con doces típicos de entroido.

xoves, 12 de febreiro de 2015

NAMÓRATE DO ENTROIDO

Pistacho ademáis de disfrazarse tamén se namorou!!! El e todos os nenos/as que escribiron as súas dedicatorias ás persoas que máis queren.
Piratas, vide pola biblio que igual hai algunha dedicatoria para vós!!!! Tamén tendes unha selección de contos de amor e tamén de entroido, para que poidades aprender a facer o voso disfrace!!!

martes, 10 de febreiro de 2015

O entroido cos Bolechas

O ENTROIDO é unha das festas con máis tradición e participación na nosa comunidade. E é tamén unha das preferidas polos máis cativos, polo que resulta moi interesante para traballar diversos aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica… Por iso os BOLECHAS prepararon unha Unidade didáctica sobre o Entroido galego. Clica na imaxe
http://osbolechas.com/o-entroido/entroido.pdf

luns, 9 de febreiro de 2015

Visita de Kalandraka

Esta semana visitáronnos Patri e Álex para contarnos contos da súa fábrica. Estes contos foron especiais, porque foron contos con cantos. O acordeón de Álex fixo que os contos de Sacapenas, Tío lobo e Quen é ese becho? foran máis bonitos ainda grazas ao acompañamento dos sons do acordeón. Grazas Patri e Álex!!!

martes, 3 de febreiro de 2015

Día da paz

Chegou o día, e a choiva non nolo puido estragar. Todos saímos coas nosas árbores da paz, todas ben bonitas. No patio cuberto, cantamos, bailamos e soltamos globos. Pasámolo xenial. Cantamos a canción de Color Esperanza de Diego Torres e tamén unha canción que inventaron os nenos/as de 5º. Mirade un pequeno resumo do que foi o día da paz no cole de Bembibre.

xoves, 29 de xaneiro de 2015

Recomendacións para o día da paz

Achégate ata a biblio, porque temos un recuncho dedicado a libros de valores para o día da paz.


mércores, 28 de xaneiro de 2015

Respírase PAZ no cole

Xa temos o cole preparado para recibir o día da paz. Cada clase fixo unha árbore, unha árbore da paz. Estas árbores xuntárémolas todas para facer o Bosque da PAZ. Tamén recollemos citas de persoas que loitaron pola paz e as puxemos polas escaleiras do cole, para que sempre que pasemos por alí nos fagan pensar e nos lembren que a paz é todos os días. E mirade tamén o bonito mural que fixeron en infantil.

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Felices vacacións piratas!!!!

Como son moi longas seguro que temos tempo a ler. Por iso Pistacho  nos quixo facer unhas recomendacións de libros para pedir aos reis. Aquí a tendes. Clicade sobre a imaxe.


recomendacións nadal



Visita de Mamá cabra

Como agasallo de Nadal, tivemos a sorte de disfrutar dun concerto de Mamá cabra. Mirade que ben o pasamos.

Contacontos de Nadal na biblioteca

Como Pistacho nos trouxo novos contos de Nadal, os nenos de sexto quixéronnos ler no recreo algúns deles. E como os peques non nos quixemos perder os contacontos, a biblioteca estaba ateigada de oíntes.
Tamén nos lemos contos unhas clases a outras na hora do proxecto lector.

mércores, 7 de xaneiro de 2015

E co inverno chegou o Nadal

Non podía faltar a decoración das nosas portas e da nosa biblioteca. Ata Pistacho se puxo de gala e nos recomendou unha morea de libros de Nadal, entre eles a historia do Papanoel galego, sabedes como se chama? Pois o Apalpador. 
Nestes días de Nadal os nenos tamén poideron participar nun concurso de postais, e coma sempre abraiáronnos coas súas creacións. Velaquí algunhas das gañadoras.

venres, 2 de xaneiro de 2015

Contacontos por Samaín

No Samaín non podían faltar os relatos de medo, por iso poidemos escoitar durante toda a semana contos que daban un chisquiño de medo!