Pistacho trouxonos máis libros para os lectores piratas. Entre eles unha colección
de Edelvives sobre unhas xemelgas vampiras chamadas Silvania e Dakaria que viven innumerables aventuras con moito humor. Todos estes libros están no estante de NOVIDADES. Vente a coñecelos!!!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
luns, 23 de marzo de 2015
Préstamos entre compis
Pistacho tivo una idea!!!!!!!
Si oes ben, e as ideas de Pistacho son sempre xeniales!!
Como todos temos unha morea de libros na casa que xa lemos e xa temos un pouco vistos, pensou que eses libros os podemos traer ao cole para compartilos cos demáis nenos e así todos poder disfrutar de libros novos!!! Que boa idea verdade?? Como non se nos ocorrera antes??.
Asi que todos os luns e martes na hora do recreo da mañá, achégate a biblio e poderás descubrir e levar para ler na casa libros dos nosos compis.
xoves, 5 de marzo de 2015
martes, 3 de marzo de 2015
CONCURSO
DE MONICREQUES
Dende a biblioteca, o Loro
Pistacho ten algo que anuciarvos: o vindeiro mes de abril poderedes participar nun concurso de
monicreques por equipos. Estas son as bases, toma nota:
- formar un equipo (de dúas persoas mínimo) e anotarvos durante o mes de marzo na biblioteca coas profes Vanessa, Noelia, Ana de Infantil, Varela ou Ana de Inglés.
- podedes inventar unha pequena obra de teatro ou ben escoller un conto (Caperucita, Os tres Porquiños…) para representar.
- tendes que “fabricar” os personaxes a modo de monicreques para poder representar a obra no miniteatrillo da biblioteca. Podedes usar calcetíns vellos, debuxar os personaxes vos mesmos en cartulina, usar plastilina ou calquera material de refugallo, culleres de plástico, peluches, monicreques que xa temos na biblioteca… (podedes pedir axuda as profes encargadas da biblioteca)
- tedes de prazo todo o mes de marzo para prepararalo.
- durante o mes de abril, representarase no miniteatrillo da biblioteca para os demais compañeiros.
- a obra que máis guste será premiada!!
ANÍMASTE?
luns, 2 de marzo de 2015
Os coidalibros piratas!!!
Vouvos a presentar aos nosos coidalibros. Esas persoas que van con gorras vermellas axudándonos e recordándonos como debemos estar na biblio. E sí, son moi importantes e fan una labor moi moi grande axudándonos e ensinándonos como debemos usar os separadores, a buscar libros, como debemos colocalos, como deixar todo recollido,.... Por iso, temos que respectalos e facerlles caso en todo o que nos digan PIRATAS!!!!
martes, 24 de febreiro de 2015
Eu son Rosalía
Hoxe 24 de febreiro é o día de Rosalía, fai hoxe 178 anos naceu Rosalía de Castro, a máis grande poetisa do noso país. Por tal motivo, queremos presentarvos unha actividade para coñecer mellor a esta muller e a súa obra.
Actividade Lim.
xoves, 19 de febreiro de 2015
Festa do entroido
Este ano celebramos o entroido no pavillón de Bembibre. Os nenos de primaria iamos de oficios. Había de todo, cociñeiros, mestres, mariñeiros, militares, médicos, pallasos e ata xubilados. Despois das xeniais actuacións que fixemos, poidemos degustar un rico chocolate con doces típicos de entroido.
xoves, 12 de febreiro de 2015
NAMÓRATE DO ENTROIDO
Pistacho ademáis de disfrazarse tamén se namorou!!! El e todos os nenos/as que escribiron as súas dedicatorias ás persoas que máis queren.
Piratas, vide pola biblio que igual hai algunha dedicatoria para vós!!!! Tamén tendes unha selección de contos de amor e tamén de entroido, para que poidades aprender a facer o voso disfrace!!!
martes, 10 de febreiro de 2015
O entroido cos Bolechas
O ENTROIDO é unha das festas con máis tradición e participación na nosa comunidade. E é tamén unha das preferidas polos máis cativos, polo que resulta moi interesante para traballar diversos aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica…
Por iso os BOLECHAS prepararon unha Unidade didáctica sobre o Entroido galego.
Clica na imaxe
luns, 9 de febreiro de 2015
Visita de Kalandraka
Esta semana visitáronnos Patri e Álex para contarnos contos da súa fábrica. Estes contos foron especiais, porque foron contos con cantos. O acordeón de Álex fixo que os contos de Sacapenas, Tío lobo e Quen é ese becho? foran máis bonitos ainda grazas ao acompañamento dos sons do acordeón. Grazas Patri e Álex!!!
martes, 3 de febreiro de 2015
Día da paz
Chegou o día, e a choiva non nolo puido estragar. Todos saímos coas nosas árbores da paz, todas ben bonitas. No patio cuberto, cantamos, bailamos e soltamos globos. Pasámolo xenial. Cantamos a canción de Color Esperanza de Diego Torres e tamén unha canción que inventaron os nenos/as de 5º. Mirade un pequeno resumo do que foi o día da paz no cole de Bembibre.
xoves, 29 de xaneiro de 2015
mércores, 28 de xaneiro de 2015
Respírase PAZ no cole
Xa temos o cole preparado para recibir o día da paz. Cada clase fixo unha árbore, unha árbore da paz. Estas árbores xuntárémolas todas para facer o Bosque da PAZ.
Tamén recollemos citas de persoas que loitaron pola paz e as puxemos polas escaleiras do cole, para que sempre que pasemos por alí nos fagan pensar e nos lembren que a paz é todos os días.
E mirade tamén o bonito mural que fixeron en infantil.
luns, 26 de xaneiro de 2015
Novos libros, novas aventuras
Mirade PIRATAS, que morea de novos libros nos trouxo Pistacho!!! Xa os tedes na biblio para poder ler.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




.jpg)


