Este venres para celebrar o día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar coa compañía de Xandobela. Ademais de contarnos algún contiño aos nenos de 1º, 2º e 3º na biblioteca, tamén trouxeron unha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos. Mirade que ben o pasamos grandes e pequenos!!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
martes, 19 de maio de 2015
martes, 12 de maio de 2015
RELATOS COLGANTES
Durante esta semana, no noso bosque de árbores, ademais de disfrutar da
natureza, podemos ler relatos que escribimos todo o cole. Podemos atopar
dende a biografía de Filgueira Valverde, poesía, rimas, chistes,... Eso
si, todo en galego!!!
LETRAS GALEGAS
O noso cole xa está preparado para as Letras Galegas. Se sigues as pisadas, podes descubrir moito sobre o escritor que se lle adica este ano as Letras Galegas
xoves, 30 de abril de 2015
ENTREGA DE PREMIOS
Para rematar este mes do TEATRILLO, Pistacho quería darvos as gracias a todos e a todas por participar. Gracias a vós, tivemos uns recreos de abril diferentes, entretidos e moi divertidos. Foi unha experiencia moi bonita que seguramente repetiremos en vindeiras edicións. Agora podedes ver a entrega de premios que foi moi emocionante!!!!Un saúdo PIRATAS!!!
"Un encontro fantástico"
Carla e Melania de 4º fixeron unha obra titulada "Un encontro fantástico". Parece que nela apréndese que a violencia non soluciona nada.
mércores, 29 de abril de 2015
" A toupiña"
Os nenos de 5 anos de infantil sorprendérennos cunha obra moi divertida chamada "A toupiña". Fixérono moi ben ainda que Pistacho asustouse con tantas cacas que viu pola biblioteca!!!! Mirade
luns, 27 de abril de 2015
"O bosque encantado"
Empezamos a semana cunha obra feita polas nenas de 5º, Sofía, Andrea e Paula. Contaron a historia dun bosque con moitos misterios. Ollade que ben o fixeron.
"Aladino"
Seguindo co teatrillo, o venres tivemos a obra dos nenos de 2ºA: Simón, Dario e Diego. Aqui tendes o video para velos.
venres, 24 de abril de 2015
APADRIÑAMENTO LECTOR
A de hoxe foi unha xornada moi especial. Celebramos o día do libro. E para festexalo sacamos os libros ao patio.
Cada padriño e cada madriña escolleron co seu afillado ou afillada o recuncho favorito do patio para disfrutar do conto que tiñan preparado.
Gozamos dunha divertida xornada e dun estupendo día de sol contando e escoitando historias do máis divertidas e interesantes.
xoves, 23 de abril de 2015
"Los músicos de Bremen"
Que ben o fixeron os nenos de 2ºB coa súa obra "Los Músicos de Bremen". O teatrillo estaba ateigado de personaxes animais que se converteron en músicos. Mirade!!!
DÍA DO LIBRO
UN SELFIE CO NOSO LIBRO, é como se titula este libro que recopila as fotos dos nosos nenos e nenas cos seus libros preferidos.
mércores, 22 de abril de 2015
"Carapuchiña vermella"
Un recreo máis poidemos disfrutar dunha obra feita con monicreques. O MES DO TEATRILLO está sendo todo un éxito. Hoxe puxéronse detrás do teatrillo Uxía e Ainoa de 4º de primaria. Podedes ver o video máis abaixo.
martes, 21 de abril de 2015
"Un paseo polo monte"
Hoxe tocoulle o turno as/os nenas/os de quinto, Raúl, Gisela e Lucía contáronnos unha historia moi divertida e con moralexa. E ademáis ata nos cantaron unha canción. Mirade que ben o fixeron!!!
luns, 20 de abril de 2015
" A ratiña presumida" e "A bela dormente"
Hoxe tivemos doble sesión de monicreques!!! Os nenos de infantil de 5 anos fixérono xenial interpretando o conto da Ratiña presumida. Despois foron Anahí, Uxía e Andrea García coa obra titulada "A bela dormente". Como vedes a biblio estaba ateigada!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












