bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 28 de xaneiro de 2016

ANXO MOURE na biblio de Pistacho

Que gran día o de onte!!!! Pasámolo xenial cun personaxe moi querido. Veunos a visitar no seu Nubinete ANXO MOURE!!! Foi unha xornada moi especial, porque Anxo trasmitiunos todo o cariño que lle temos que ter a natureza e como temos que coidala. Tamén nos contou a historia do seu conto "O PARAUGAS DAMEAUGAS" e tivemos a sorte de que no lo adicou!!!

martes, 26 de xaneiro de 2016

Que se está a argallar?

Mmmm!! Algo se está a argallar no cole para o día da PAZ!!! Estamos desexando que chegue o día para poder ensinarvos todo o que temos montado!! Unha árbore xigante  ou un mural onde podemos escribir o que nos apeteza, son algunhas das actividades!

xoves, 17 de decembro de 2015

Recomendacións contos para Nadal

Nenos e nenas, xa estamos de vacacións, polo que tedes que disfrutar moito e descansar e pásalo moi ben nestas datas. Lembrade pedir un conto para o Nadal e así vivir novas aventuras con libros que vos recomenda Pistacho!!! Feliz Nadal a todos/as!!!!

Un conto de Nadal

mércores, 16 de decembro de 2015

Quilómetros de solidariedade!!!

Xa está todo preparado para a carreira solidaria que imos a celebrar mañá mércores 16 de decembro no colexio. 
Acordádevos de vir con roupa cómoda. E lembrade, que nesta carreira ninguén perde e moitos gañan porque non se trata de chegar o primeiro, se non de axudar a eses nenos e nenas que non tiveron tanta sorte coma nós.

luns, 14 de decembro de 2015

Christmas in the UK!!!

Mañá martes pasádevos no recreo pola biblio, porque Rachel vainos a contar como é en Irlanda o Nadal!!! Ten unha presentación moi bonita!


mércores, 9 de decembro de 2015

o NADAL acaba de chegar!!!

Pistacho está todo festivo!!! Todo contento de como está a biblioteca!! Ademáis empezamos o concurso de postais e xa nos chegaron as primeiras!! E como sempre estes nenos/as son uns artistas!!