bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

mércores, 8 de marzo de 2017

8 de Marzo DÍA DA MULLER

O día de hoxe foi moi especial por todo o que fixemos e sentimos! Pola mañá asistimos a unha charla-coloquio de mulleres de aquí de Bembibre que tiveron a amabilidade de virnos contar a súa vida e como influiu o xeito de ser muller para certos aspectos. Moitas gracias a Cibeles, Carmita, Cristina, Carmen e Avelina!!! Elas, sempre contan e contan moito! Gracias a elas, poidemos sentir o difícil camiño que tiveron ( e seguen tendo) as mulleres en diferentes épocas!

E pola tarde tivemos a presentación dun libro, " UN ESPIÑOSO RAMO DE CHORIMAS". Todos os seus autores viñeron a visitarnos. Claro que viñeron, porque estaban aquí o ladiño!! Son os nenos e nenas de 1º ESO do cole coa súa profe Lucinda!! Léstedes ben, os escritores do libro son compañeiros nosos!!! MOITAS FELICIDADES!!!












martes, 7 de marzo de 2017

Doces da mochila viaxeira

Chegáronnos máis receitas doces da aula de infantil de 4 anos! Tanto Kevin  como Carla (xa  no entroido), como Lucía de 4*B, nos trouxeron unhas ricas magdalenas. Xa vedes a cara de contentos que tiñan estos nenos e nenas  coméndoas! 





luns, 6 de marzo de 2017

Quebracabezas da Paz

Xa temos o quebracabezas que fixemos entre todos o día da PAZ, colgado nun sitio moi visible no cole!! Mirade que ben quedou!!


domingo, 26 de febreiro de 2017

Entroido 2017!

E así foi o día do entroido en Bembibre. Cos nosos disfraces saímos polas rúas de Bembibre!! Como vedes teñen relación co Proxecto Documental de centro (PDI) sobre os países de fala hispano-protuguesa! Países como Brasil, Bolivia, México, Arxentina, Colombia, Cuba, Uruguay e Cabo Verde foron os elexidos para desfilar polo centro de Bembibre!!

venres, 24 de febreiro de 2017

Meco manda!

E aquí acabaron os mandatos do Meco!! Pasámolo xenial esta semana vindo con complementos moi divertidos e que daban un toque de humor aos pasillos e ás aulas do cole de Bembibre!!
Mañá preparados porque nos espera un día moi festivo polas rúas de Bembibre!! Esperámosvos a todos e todas para acompañarnos e ver o noso desfile de disfraces coa temática que levamos traballando no cole este curso, os países de fala hispano-portuguesa.


mércores, 22 de febreiro de 2017

Meco manda!!

Para xoves, algo pintado na cara, con algo na cabeza, no pescozo e co mandil!!!

martes, 21 de febreiro de 2017

Vaia pintas!!!

Aquí podedes ver as pintas coas que estamos vindo ao cole estos días!! VIVA O ENTROIDO!!!!!

Meco manda!!!

Para mércores todos con algo no pescozo, na cabeza e co mandil!!!!

luns, 20 de febreiro de 2017

sábado, 18 de febreiro de 2017

Chega o entroido!!!

E tamén o Meco! Esta personaxe que nos manda traer cousas para irnos disfrazando un pouquiño!! Pois empezamos este luns 20!  Lembrade, temos que vir todos con algo na cabeza!!!!



martes, 14 de febreiro de 2017

SAN VALENTÍN

Así nos quedou este mural cheo de sentimentos e boas palabras!! Gracias a todos e todas por participar!!