Outra receita máis que nos chega da clase de 2º de primaria, nesta ocasión Paula trouxo magdalenas en forma de mouchos!! Mirade que orixinais!!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
luns, 15 de maio de 2017
Concurso Carlos Casares
Aquí están os participantes e gañadores do concurso de preguntas de Carlos Casares. Todos tiveron agasallos para recompensar o seu esforzo buscando as pistas por todo o cole.
xoves, 11 de maio de 2017
Retrincos e A galiña azul
Estes son os títulos dos espectáculos aos que poidemos asistir no auditorio de Bembibre. Grazas a compañía Culturactiva e os seus actores e cómicos Fran Rei e Isabel Risco, poidemos desfrutar do humor na obra RETRINCOS, do inmortal autor de Rianxo, Castelao. E Fran Rei tamén coa súa mestura de narración , humor e monicreques nos achegou a grande obra de Carlos Casares, A GALIÑA AZUL. Grazas polo voso traballo e por facérnolo pasar tan ben!!!
martes, 9 de maio de 2017
HORARIO TEATRIÑO DE MONICREQUES
Aquí podemos ver o horario tan apretado que temos para todas as obriñas que vamos a facer este ano. A participación foi moi alta e os nenos e as familias xa se están preparando para deleitarnos coas súas dotes artísticas! Gracias a todos e todas por participar!!!
luns, 8 de maio de 2017
Receitas viaxeiras
E seguimos con máis receitas!! Este luns tocou un rico biscoito elaborado por Adrián de 2º de primaria. Estes rapaces/as de 2º teñen moi boa man coa cociña!! Mirade!!!
venres, 5 de maio de 2017
LETRAS GALEGAS 2017
Xa queda pouco para celebrar o día das Letras Galegas no CPI de Bembibre. Este ano, como sabedes, adícaselle a Carlos Casares. Nós temos preparadas moitas cousiñas para conmemorar o día.
Entre elas, esta que vos vou contar.
Queres participar neste concurso? Anímate e busca as pistas que hai por todo o cole. Cantas máis preguntas contestes máis posibilidades hai de gañar!!!
domingo, 30 de abril de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

