bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 20 de xuño de 2017

EDUCACIÓN VIAL

O alumnado de 4ºA e 4ºB fixo un video sobre EDUCACIÓN VIAL, no que vos dan uns pequenos conselliños  á hora de andar pola rúa. Mirade que ben o fixeron!!!!

martes, 13 de xuño de 2017

Photocall

Xa temos listo o photocall para o proxecto dos países. Cada aula terá que elaborar a súa vestimenta do país que traballa e vestir ao bonecos!!! Despois só temos que metela cabeza e quitar as fotos que queiramos!!! En breve subiremos algunhas fotos!!!!



venres, 9 de xuño de 2017

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS E A GALIÑA AZUL

Volvemos  a subir o video da obriña de teatro que realizamos o día das Letras Galegas na ermida de San Xoán, xa que o anterior tiña peor calidade. Adaptación: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS E A GALIÑA AZUL" realizado polo alumnado de 5º de primaria.

luns, 5 de xuño de 2017

BIBLIOKARAOKE!!!

Como o ano pasado foi todo un éxito, este ano queremos seguir pasandoo tan ben e demostrar a nosa arte cantando e imitando!!! Por iso, tendes ata a semana que ven para anotarvos na 2º edición de BIBLIOKARAOKE!!! Tanto mestres como alumnado esperámosvos para pasalo ben!!!

domingo, 4 de xuño de 2017

BIBLIOKARAOKE!!!

E aquí tendes a RECOPILACIÓN dos tan desexados videos que dende o 2016 se nos dou por facer e que mostran as grandes dotes para cantar tanto de alumnado como de profesorado do CPI de Bembibre!!! Non teñen desperdicio!! 
Moitas grazas a todos e todas os valentes que nos fixestes pasar un momento tan agradable e divertido!!!

2016




2017


venres, 2 de xuño de 2017

PREMIOS OBRAS MONICREQUES

E chegou o día!!! The winners are...  Só nos faltaba a alfombra vermella para recibir aos gañadores!!! Houbo premios para todos:
- AO MELLOR GUIÓN E DRAMATIZACIÓN
- AOS MELLORES CON CONTIDO MORALIZANTE
-  AOS MELLORES CON COLABORACIÓN FAMILIAR
- ÁS MELLORES HISTORIAS FANTÁSTICAS E DE MISTERIO.
Ás familias quixemos agasallalas cuns marcos de fotos inmortalizando o momento!!


















xoves, 1 de xuño de 2017

MONICREQUES

Hoxe tivemos as últimas dúas obras de monicreques. Nerea, Yago Noya e as súas mamás, viñéronnos a contar a historia da Bella e a Bestia. E as  nenas de 4ºA, a historia do Misterio do instituto. 
Aproveitamos esta entrada para darvos a todos e todas as GRAZAS por participar, sobre todo a esas familias que tanto se implicaron!!

mércores, 31 de maio de 2017

MONICREQUES

Hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas de 4ºA. Fixeron dúas obras tituladas: "O PERDÓN" e "AVENTURA NO ZOO". E ambas as dúas nos ensinan algo!! Estade atentos!!!

martes, 30 de maio de 2017

MONICREQUES

Hoxe tivemos moitas visitas especiais!! Unhas mamás moi valentes que quixeron participar no teatriño de monicreques!!! A mamá de Pepe e Andrea de Infantil, a mamá de Manuel tamén de Infantil e a mamá de Mateo de 4ºB viñeron axudar a representar unhas obras de monicreques moi divertidas: "A PRINCESA E O DRAGÓN" e "A CASA MISTERIOSA".
Mirade que ben o fixeron!!!! Gracias por participar familias!!!!!



luns, 29 de maio de 2017

MONICREQUES

Hoxe tivemos unhas obriñas feitas polos nenos e nenas de 4ºB: " O MUNDO MÁXICO" e "O HOTEL ABANDONADO".


RECEITAS VIAXEIRAS

E seguimos con máis receitas destes nenos e nenas de 2º. Desta vez foi Xairo o cociñeiro, que nos trouxo o monstruo das galletas!!!



venres, 26 de maio de 2017

MONICREQUES

Este mércores tocoulle a quenda aos nenos e nenas de 6º coas obras "ATA SEMPRE" e "A HISTORIA FANTÁSTICA".


MONICREQUES

O martes as nenas de 2º deleitáronnos coa obra "O MISTERIO DO BOSQUE". A continuación foron o papá, mamá e Carmen de Infantil 4 anos coa obriña "AS LARANXAS..." Mirade que ben o fixeron todos!!!



luns, 22 de maio de 2017

Semana da ciencia

O alumnado de 4ºA e 4ºB de primaria, a semana pasada convertéronse en científicos por uns días e realizamos experimentos para traballar a flotabilidade, densidade, o volume, a luz... Con estes experimentos aprendimos a formular hipóteses, contrastalas e formar conclusións!!!
Fixemos flotar ovos, creamos nubes ou mesmo creamos arcos da vella!!!
Tamén nos dedicamos a ser prehistóricos por uns días, e realizamos pinturas rupestres e fabricamos ferramentas.