bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

mércores, 9 de maio de 2018

Auditorio

Esta semana tivemos dúas actuacións no auditorio para o alumnado de Infantil e Primaria. 
Unha delas foi "O Cardume", no que se combinaba a narración oral coa música en vivo. Os nosos pequenos puideron participar cantando e bailando!
E para os de primaria tivemos o espectáculo de " Os golfiños e o xigante". Unha fábula contada con sombras chinesas baseada sobre feitos reais da vida de Bao Si Shun, considerado polo Record Guiness o home máis alto do planeta. 

xoves, 3 de maio de 2018

HORARIO MONICREQUES

Aquí vos deixamos as obras participantes e o horario no que ides actuar. Agora tócavos poñervos mans á obra na elaboración dos monicreques e ensaiando. Tendes o teatriño na biblio para cando necesitedes practicar.



mércores, 2 de maio de 2018

Audiolibro: "CARABUÑAS"

Audiolibro elaborado polo alumnado de 1º de Primaria

3º ETAPA: PALAS DE REI- ARZÚA

Este luns 30 de Abril, continuamos coa 3º etapa do Camiño de Santiago: Palas de Rei- Arzúa
28,8 km dunha etapa denominada "Rompepernas" polas súas subidas e baixadas. 
Pero nós, uns rapaces e rapazas tan preparados, non tivemos ningún tipo de problema en acabala en moi boas condicións. 
O Camiño, unha experiencia única, emocionante, alucinante, extraordinaria,... Desexando facer a seguinte etapa!!
Aquí vos deixamos un video mostrándovos o que vimos e vivimos.

venres, 27 de abril de 2018

Charla sobre a avespa asiática

Hoxe tivemos unha charla sobre a avespa asiática da man de Pablo e Manuel, empregados da empresa de fumigación Arumia. Explicáronnos como viven e se reproducen e as posibilidades que temos a nivel persoal para combatelas.
Poidemos contemplar a complicada estructura das súas colmeas, obras de auténtica arquitectura. Que traballo tan complexo!

Tivemos nas nosas mans avespas mortas e o máis asombroso foi ver en acción o dron con que fumigan os niños de velutinas.
Con eles aprendemos a elaborar trampas con botellas de plástico para frear esta especie invasora.
Se salvamos as nosas abellas destas inimigas, estarémonos salvando a nós mesmos.
CLICA NA IMAXE