bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

domingo, 22 de marzo de 2020

OS RETOS DE PISTACHO

Como non queremos que vos aburrades nada nestes días de confinamento, a Pistacho ocorréuselle que podemos crear probas ou retos que poidamos facer na casa para pasar o rato e divertirnos. E de paso estamos todos en contacto!
É moi sinxelo! Só tendes que estar atentos cada semana aos retos que vos propón Pistacho. Serán 3 cada semana (anunciarémolo os luns). Tendes esa semana para poder realizalos. E o máis importante: queremos proba diso! 
Só tendes que subir o vídeo ou foto realizando o reto!! Xa veredes que divertido!
Se algún non quere facer algún reto ou non pode, non pasa nada, pode facer só os outros. 
Se algunha familia non da subido a foto ou vídeo, que se poña en contacto con nós no correo da biblio: bibliobembibre@gmail.com
Para subir a foto ou vídeo, temos esta app que se chama Padlet. É un muro onde vai ir aparecendo o que colgamos. Só tendes que darlle o icono de + que aparece abaixo, na esquina dereita. Aí xa vos saen as opcións para poder subilo. Só poden subir as fotos ou vídeos os pais/nais do alumnado.
Todos os retos serán anunciados no muro! Os vídeos limitamos a duración a 15 segundos.
ANIMÁDEVOS FAMILIA!
Hecho con Padlet

venres, 13 de marzo de 2020

Que é o coronavirus?

Non vos perdades este video no que o alumnado de 2ºA nos explica que é este virus, como se contaxia e como podemos combatelo!!!!

domingo, 8 de marzo de 2020

8 de Marzo-Día da muller

Hoxe 8 de marzo, día da muller, xornada para reivindicar a igualdade de xénero. No cole organizamos unha charla- coloquio este pasado venres, con dúas mulleres que saben ben disto: Lucía Otero, adestradora do Depor da Liga Genuine ( xogadores con discapacidade intelectual). E Elena Casal, árbitra da Primeira División Femenina de España.
Gracias a elas, tivemos unha charla moi interesante sobre o seu traballo e como lle costou chegar ata onde están. Tamén nos fixeron ver que ainda queda moito por loitar para mellorar as condicións da muller e loitar pola superación dos atrancos.


mércores, 4 de marzo de 2020

BÚSCASE

Búscanse MEDIADORES DO PATIO que saiban axudar a resolver conflictos aos compañeiros/as, restablecendo a comunicación, axudando a comprenderse e a traballar conxuntamente ata alcanzar acordos mutuamente satisfactorios.

Serás un bo candidato se tes desexo por axudar a outros compañeiros/as, facilidade de palabra e se eres paciencia e mantés a calma. Tamén fai falla un pouco de sentido do humor. E sobre todo estar disposto a comprometerse co programa de mediación durante este curso escolar.



luns, 2 de marzo de 2020

DATCHBALL

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos no campionato de Datchball que se creou no colexio dende principio de curso.

luns, 24 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 24 de febreiro, dedícaselle este día á gran escritora galega, Rosalía de Castro. Para celebrar este día, no cole fixemos unha obra de teatro e un recitado de poemas. Mirade que gran traballo!!! Ata nos viñeron visitar a mesmísima Rosalía e Manuel Murguía!!

A continuación , mostrámosvos un video realizado polo alumnado formando as letras do nome de ROSALÍA. Quedou moi vistoso!!!



domingo, 23 de febreiro de 2020

ENTROIDO ROMANO

Que día tan bo fixo para saír polas rúas de Bembibre a ensinar os nosos disfraces romanos. Aquí vos deixamos fotos e un video do ben que o pasamos!!!

xoves, 20 de febreiro de 2020

AS MULLERES DO ENTROIDO

Aquí vos deixamos as fotos do noso precioso mural da entrada. Vinde a velo, porque descubriredes o bonito e interesante que é o entroido en Galicia. E xa non digamos o importantes que son as mulleres nel.

martes, 4 de febreiro de 2020

Campo a través

Aquí neste video podedes ver o emocionante que foi o campionato intercomarcal de Campo a través en Noia. E como os nosos pequenos e pequenos trouxeron unha copa para o cole!!!!

venres, 31 de xaneiro de 2020

Día da Paz

Aquí vos deixamos fotos de como foi o noso día da Paz. O alumnado de 6º leu un manifesto. A continuación cantamos entre todos a canción de "Somos capitáns",  e finalmente fixemos algo que nos gusta moito todos os anos: a solta de globos con mensaxes de paz.
Tamén vos deixamos a pancarta do debuxo gañador que foi para Carla de 2º.

xoves, 30 de xaneiro de 2020

Todos somos capitáns

Esta é a canción do DÍA DA PAZ deste ano. "Todos somos capitáns" de Magín Blanco. Aquí podedes ver aos nosos nenos e nenas cantándoa e interpretándoa con lingua de signos.

martes, 7 de xaneiro de 2020

Fase comarcal Campo a través A Baña

Aquí vos deixamos este video-resumo da fase comarcal de campo a través celebrada na Baña no mes de decembro.
 Ide quentando motores para a fase intercomarcal que se vai celebrar en Noia.