bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

mércores, 24 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA- 24 DE FEBREIRO 2021

 Aquí vos deixamos todas as actividades que realizamos este día. Entre elas un marcapáxinas, un scape room sobre a súa vida ou un audiolibro. Deixámosvos o enlace ao xogo de Rosalía:

https://view.genial.ly/6016977d22eaac0d7191f9a4/game-descubrindo-a-rosalia-de-castro



domingo, 14 de febreiro de 2021

Entroido 2021

Aquí vos deixamos a mostra de que se pode pasar ben no entroido, ainda cumprindo todas as medidas de seguridade. Tendes un pequeno vídeo do desfile e tamén se clicades na foto de abaixo, lévavos directamente a unha carpeta chea de fotos!! Viva o entroido!!!







mércores, 10 de febreiro de 2021

Mandatos do xoves

 Aquí xa temos o atuendo completo desta semana!! Xa non temos que espertarnos moi cedo porque xa podemos vir directiños da cama!!! 



martes, 9 de febreiro de 2021

Mandatos do mércores

Xa vedes que para mércores hai que traer outro complemento máis!! que guapos e quentiños imos estar!


venres, 5 de febreiro de 2021

Mandatos do Meco

Como todos os anos cando chega o Entroido, sacamos a relucir a Manuel e Maruxa cos mandatos do Meco. Os cales serán de luns a xoves acumulativos. E dicir, o complemento do luns traerase martes, mércores e xoves e así progresivamente; coa idea de xoves ser unha Entroidada. O mandato do luns é o seguinte:

venres, 29 de xaneiro de 2021

3O de xaneiro Día da PAZ

 Hoxe celebramos o día da PAZ no cole.  Como todos os anos soltamos cada aula un globo decorado con mensaxes de paz. Tamén cantamos  e bailamos unha versión da canción de Jerusalema. Xa veredes que ben nos saíu. Como novidade este ano, colgamos unha pomba a entrada de cada clase. E tamén redecoramos un recuncho do cole como Recuncho da Paz. Alí iremos para solucionar problemas e sobre todo tranquilizarnos.

Botádelle un ollo ás fotos.



mércores, 23 de decembro de 2020

BADALADAS A GOLPE DE CAZOLA

 Pois si, tivemos a festa de Noitevella no cole. E celebrámolo por todo o alto. Viñemos vestidos coas nosas mellores galas e a golpe de cazola e unha culler puxémonos a comer lacasitos e gusanitos. Hai que decir, que estas badaladas eran máis lentas do normal para poder saborear os lacasitos. Para rematala festa, cantamos unha panxoliña de Mama Cabra "Estación Nadal". Aquí tendes proba de todo:

martes, 22 de decembro de 2020

Feliz 2021

 Aquí vos deixamos estas bonitas fotos para desexarvos boas festas e un feliz 2021.






Visita de Papanoel











NON VAS PODER CON NÓS

 Aquí vos deixamos este bonito vídeo que realizamos para este Nadal. Para dar forza e enerxía a xente que o necesite. Fixémolo con moita ilusión e agarimo. Esperamos que vos guste. Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal e moi feliz 2021.


luns, 21 de decembro de 2020

Talleres de Nadal

 O día de hoxe foi moi productivo. Ademais da carreira tamén nos dou tempo a realizar talleres de Nadal, nos que fixemos manualidades, vimos algunha peli e ata fixemos karaoke. Aquí vos deixamos os resultados.



CARREIRA SOLIDARIA

 Aquí vos deixamos fotos da carreira solidaria para colaborar con Save the Children, que tivo lugar hoxe.

Xa podemos decir que o total recaudado é de: 1.000 €

Moitas gracias a todos !!



mércores, 25 de novembro de 2020

25 de Novembro contra a violencia de xénero

 Hoxe foi un día diferente. No cole hoxe repartimos chapas co noso lema, repartimos uns cadernos dos Bolechas sobre a igualdade que nos ofreceu o Concello, vimos os vídeos onde as familias poideron participar para dar o seu apoio a este día e plantamos unha árbore que vai ser o noso símbolo cada 25 de novembro. Un arce xaponés que vai ser o noso punto de referencia cada 25N, para conmemorar a todas as mulleres que loitaron e seguen loitando pola igualdade e por erradicar a violencia de xénero. Non foi un día calquera, foi o 25 de novembro. Que todos os días sexan 25 de novembro. 

Fai clic na imaxe para ver máis fotos.