bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

domingo, 26 de xuño de 2022

Fin de curso

 E ata aquí un curso cheo de aventuras e aprendizaxes, de ilusións e proezas. 

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa por poñer o seu gran de area para que outro curso máis fora especial.

Aquí vos deixamos coas fotos e algún vídeo da festa fin de curso e as graduacións de infantil e 6º EP.

Moi bo verán a tod@s!!!


luns, 20 de xuño de 2022

Excursión as Fragas do Eume

 Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da excursión que realizou o alumnado de 4º, 5º e 6º as Fragas do Eume. 


Excursións 2022

 Aquí vos deixamos o enlace a google fotos das excursións deste curso 2021/2022. Iremos actualizando segundo se vaian realizando as excursións!!



xoves, 16 de xuño de 2022

Clube de lectura en 1º

 O alumnado de 1º de primaria elaborou este vídeo como mostra da súa actividade no clube de lectura "Os piratas tortos". Estiveron traballando "Daniela Pirata" de Susana Iserm & Gómez, un libro moi recomendable para traballar a igualdade e a coeducación.

mércores, 15 de xuño de 2022

ENTREVISTA A TOURIÑÁN

 O alumnado de 3º de pirmaria tivo a oportunidade de facerlle unha morea de preguntas a Xosé Antonio Touriñán, cómico, humorista e actor galego. 

Pasámolo moi ben con el e rímonos moito. Sobre todo cando nos puxemos a contar chistes!!

Grazas Touri!!!



venres, 13 de maio de 2022

TALLER DE BICHOS

 Na xornada de onte e hoxe poidemos aprender, tocar e sentir a unha morea de bichos, sobre todo insectos, que nos trouxeron ao cole. Foi un taller moi emocionante e divertido, xa que non todos os días podemos coller na man unha tarántula ou un insecto folla. Botádelle un ollo as fotos!!!



PATIOS DINÁMICOS

Unha iniciativa que nace da colaboración de Atención Temperá e o profesorado de Ed. Infantil do C.P.I. de Bembibre. Destinado ao alumnado de 3 a 6 anos.

Pretende utilizar os recursos da contorna. Explorar, coñecer, xogar con distintos materiais reutilizados e ao alcance de todos e todas.

PODCAST LETRAS GALEGAS FLORENCIO DELGADO

Aquí vos deixamos o Podcast realizado para dar a coñecer o homenaxeado nestas Letras Galegas 2022, Florencio Delgado. Un podcast moi entretido e interesante. Cheo de curiosidades, moi boa música, algunha entrevistas,... Ten un pouquiño de todo feito polos nenos e nenas!!! Esperamos que vos guste!!

 

mércores, 11 de maio de 2022

2º edicion do xornal O Picoto

Cantas ganas tiñamos de que saíra do forno unha nova edición do xornal O Picoto. Esta nova edición está chea de novidades, imaxinación, aventuras, entrevistas,  cultura, arte, receitas,.... Vamos que xa estades tardando en lelo e mirar todo o que alí trae. 

A impresión desta nova edición coincide coa conmemoración do día das Letras Galegas.




Documental "Outros camiños" con Rubén Riós

 Esta semana o alumnado de 4º, 5º e 6º viron o documental de Afundación "Outros camiños". Este documental, no que fan parte do camiño de Santiago, para valorar e comprender a diversidade funcional ou dis-capacidade (distintas capacidades). Logo interactuaron en directo co director e actor Rubén Riós. 

Se queredes ver este documental cheo de aprendizaxe, sorrisos, apertas e bágoas onde os líderes dese camiñar, catro persoas con paralise cerebral, guiarán o resto do pelotón na aprendizaxe da relación das persoas coa diferencia humana, só tendes que clicar no seguinte enlace:

https://player.vimeo.com/video/644436863?h=cdc4d2c383

Un proxecto soportado polo espirito de superación, o esforzo e a recompensa que iso leva parello en todos os ámbitos da vida.

luns, 2 de maio de 2022

Acoso escolar

 Hoxe, 2 de maio, é o día internacional contra o acoso escolar. Para traballar este día e durante todo o curso, veremos estas pintadas nos baños do cole con moitos dos lemas que nos mandastes. Tamén realizamos unha gran pancarta para colgar na entrada do cole co lema e o debuxo gañador. 

Botádelle un ollo as fotos!! 

Todos contra o acoso escolar!!!!



mércores, 27 de abril de 2022

Clube de lectura Os piratas tortos 1º

 O clube de lectura de 1º de primaria está a traballar a moreas!

E aprendemos un montón de cousas! Decatámonos que a lectura é un camiño de sabiduría! Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra do que a cativada estivo a traballar ao longo destas semanas. Esperamos que vos guste tanto coma nós!

venres, 22 de abril de 2022

23 de abril INAUGURACIÓN da nova BIBLIOTECA

Hoxe Pistacho ten o pracer de ensinarvos a nova biblio. Unha biblio que se fixo con moita ilusión e gañas de que vos gustara moito. Unha biblio na que as mesas e as estanterías altas xa non son as protagonistas. Unha biblio con moitos recunchos e moitas aventuras. Un espazo máis amplio e luminoso. Un espazo para xogar e aprender. Esperamos que vos guste moito. Agora tócanos coidala para que nos dure moito.

domingo, 6 de marzo de 2022

DÍA DE ROSALÍA

 Aquí vos deixamos con moito agarimo o que fixemos para conmemorar o día de Rosalía. Na clase de artística, a mestra Catuxa uniu a música e maila ilustración e saiu este recitado de poemas ilustrados.