bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 12 de setembro de 2023

Benvidos ao curso 2023/2024

 Benvidos a un novo curso cheo de aventuras e moitas novas. Estamos moi ilusionados de comezar un novo curso no que aprenderemos e disfrutaremos. 

Séguenos tamén por instagram.



xoves, 29 de xuño de 2023

FIN DE CURSO 2023

E ata aquí un novo curso cheo de aventuras, aprendizaxes e momentos especiais. 

Pechamos este blog ata setembro, compartindo con vós o último día de cole e con el as graduacións de 6º de Infantil e 6º de Primaria. Que sexades moi felices nesta nova etapa, brillaredes o próximo curso! 

Moitas gracias a toda a comunidade educativa por lograr outro curso xenial. 

Bo verán a tod@s! 🌞












xoves, 22 de xuño de 2023

Visita a illa de Ons

 Menudo día para gozar das excelencias e da paisaxe da illa de Ons.

Exhibición de Acrosport

 O alumnado de 5º e 6º de primaria quixo deleitarnos cunha pequena mostra das súas habilidades.

Ruta do Rexedoiro

 O alumnado de 5º e 6º d primaria gozou coñecendo e realizando esta fermosa ruta de 13,5 km percorrendo o noso patrimonio. O cansanzo fixo a súa presenza durante o percorrido pero a fermosura da ruta fixo que puidéramos continuar e non desfalecer.

sábado, 20 de maio de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023

 Aquí vos deixamos unha mostra das actividades que realizamos na escola para celebrar o Día das Letras Galegas e o seu 60 aniversario, que este ano se lle adica a Francisco Fernández del Riego, firme defensor da nosa lingua e cultura. 








venres, 19 de maio de 2023

3ª edición O Picoto

Chega a 3ª edición do noso xornal O Picoto! Despois de moitas investigacións, entrevistas, xogos, imaxinación, aventuras... xa vos podemos presentar a nova edición recén saída da nosa imprenta. 

A súa publicación coincide coa celebración da Semana das Letras Galegas. 

Botade un ollo 👀


martes, 2 de maio de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

 Aínda que cun pouquiño de demora polas condicións meteorolóxicas, este ano tamén tivo lugar no cole o apadriñamento lector. Un momento moi especial e unha boa maneira de lograr o gusto pola lectura! 📚



Tamén pensamos no noso libro favorito e aínda que foi difícil escoller un só, así o fixemos e plasmámolo en distintos recantos do cole. Se clicades encima, podedes acceder ao álbum das fotos!





xoves, 9 de marzo de 2023

8 M

Por aquí vos deixamos fotos do acto simbólico realizado no cole para conmemorar este día. 

No CPI de Bembibre sementamos igualdade! 💜





venres, 3 de marzo de 2023

Día de Rosalía

Un ano máis non puidemos deixar de celebrar o día de Rosalía de Castro. Este ano quixemos traballar un pouco máis o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" así que cada aula se encargou de dous versos do poema, os cales agora acompañan os nosos pasos cada día! 


Ademais, tamén realizamos un mural para conmemorar este día elaborando flores e bolboretas que agora dan cor ao noso corredor e nos axudan a manter vivo o legado desta figura tan importante na cultura galega. 


E empregando técnicas tan divertidas como o grafismo creativo e o pop art, achegámonos máis de preto a esta poetisa. 



mércores, 22 de febreiro de 2023

Os mandatos do Meco deron inicio ao Entroido no cole. Este ano ademais quixemos achegarnos ás  personaxes típicas do Entroido en Galicia e con iso elaboramos un mural ben colorido! 



Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día do Entroido, vaia festaza! O baile, a música, o desfile polo pobo, o chocolate e os disfraces fixeron do venres un día ben especial 🎭










mércores, 8 de febreiro de 2023

Xa comeza a ulir a Entroido no CPI de Bembibre e como queremos montar unha boa festa, aquí vos deixamos os mandatos do meco para que vaiades preparándovos para lucir as vosas mellores galas 🎭

Pistacho xa está desexoso de vervos para comprobar se vos recoñece pero que disfrace escollerá a nosa mascota este ano?

O venres, o meco, deixa vía libre para que nos sorprendades coas vosas máscaras e disfraces favoritos!🎉




mércores, 1 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ

No Día da Paz, coma todos os anos, saímos ao patio para realizar un acto simbólico. Este ano decidimos que era hora de coidar un pouquiño máis o medio ambiente e cambiar o lanzamento de globos por outra actividade en conxunto. Cada un/ unha de nós decorou unha pedriña con palabras referidas á paz e con todas elas creamos unha instalación para conmemorar este día. 

E como non, non podía faltar a música para acompañarnos!



Tamén tod@s colaboramos cunha pluma na creación dun mural na entrada do cole. Cada unha delas garda unha mensaxe moi importante para este día e para todos os demais. 


Outra das actividades foi unha instalación de pombas da paz cuxo carteliño ten as cores da bandeira de Ucraína e mensaxes que desexan o fin da guerra en todo o mundo e a volta da paz, pois como podía lerse nalgunha mensaxe, "A paz é moi bonita"!




mércores, 28 de decembro de 2022

Nadal 2022

 O último día de cole sempre é moi emocionante e este non podía ser menos, houbo moitas sorpresas ao longo da mañá e tamén tempo de manter as tradicións. Botade un ollo! 




E como en boa celebración de fin de ano, non podía faltar a música! Vaia artistas temos en Bembibre, que ben o fixeron!!

















Aquí podedes ver estas e algunhas fotiños máis!




luns, 26 de decembro de 2022

Escola de Música e Carreira Solidaria

 Aquí vos deixamos unha mostra do que deu de si o penúltimo día de cole, foi un día moi divertido á par que importante e solidario. 

Grazas polas vosas ganas na carreira e grazas tamén por todas as aportacións económicas que van destinadas, este ano, á cociña económica de Santiago.