Xa non queda nadiña para abrir a biblio e inaugurar un curso que de seguro nos traerá moitas aventuras e gañas de descubrir contos novos que trae Pistacho, a nosa mascota.
Hoxe queremos presentarvos os que serán os novos coidalibros, o alumnado de 6º.
Tamén como novidade, este curso a biblio abrirá nos recreos do luns ( para o alumnado de infantil) e os xoves ( para o alumnado de primaria). Onde poderán xogar, ler contos e facer préstamos.
Benvidos e benvidas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario