bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta escritor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escritor. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de novembro de 2017

"MUNDOSUEÑO"

Así é o título do libro que escribiu Elias Noel, do que temos o pracer de coñecer moi de cerca xa que forma parte do noso colexio. POis si, ledes ben, Elías é mestre no noso cole e tivemos a sorte de contar con el para presentarnos o seu libro " Mundosueño". Un libro con moita maxia e que nos invita a soñar!
Téndelo na biblio para poder lelo. 

martes, 28 de marzo de 2017

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ

Hoxe a biblio de Pistacho tivo o pracer de coñecer a Jacobo Fernández, escritor, ilustador e pintor, como autor de literatura infantil tan coñecido como os cómics de Marcopola que tanto nos gustan, ou mesmo os libros de "A pedra e as formigas" e "Mil cousas poden pasar".  
Poidemos ver cos nosos propios ollos a facilidade que ten para debuxar e como por arte de maxia aparecen do branco papel personaxes que nos transmiten moito. 
Grazas tamén a súa amabilidade, poidemos saber algo máis del con preguntas que os nosos colaboradores de Radio Tv Bembibre lle fixeron e que subiremos en breve a este blogue.
Para rematar tivemos sesión de firma de libros!!!
Moitas grazas JACOBO por virnos visitar, esperamos que pasaras unha boa tarde connosco!!!