E con este mural, clausuramos a semana das Letras Galegas. Unha semana moi especial na que nos dou tempo a tocar a pandeireta, a gaita, a cantar, a recitar poemas e sobre todo a coñecer un dos escritores galegos máis próximo a nós, aos nenos. Gracias a todos e todas por participar nesta semana das Nosas Letras!!!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
venres, 20 de maio de 2016
FOLIADA LETRAS GALEGAS III
Vaia festa montamos este venres!!! Melania, Alba e Antía tocaron e cantaron "O pasodobre de Bembibre", "Muiñeira de Requesende" e "Pasodobre de lendo". Temos unhas compañeiras que o fan xenial!!! Escoitade:
Contacontos por Sole Felloza
Sole, veunos a contar por medio de pequenas historias a vida e obra deste gran escritor da Terra Chá, como é Manuel María. Ó que durante este semana lle estamos rendindo homenaxe no cole.
FOLIADA LETRAS GALEGAS II
Hoxe tamén seguimos de foliada e puidemos gozar co son da gaita e da pandeireta de Adrián e Alba que nos tocaron "Son da sega" e " O galo"
E o alumnado de sexto, deleitounos con outro recitado de poemas de "Soños na gaiola"
E o alumnado de sexto, deleitounos con outro recitado de poemas de "Soños na gaiola"
xoves, 19 de maio de 2016
CONTACONTOS KALANDRAKA
Álex e Patricia viñeron hoxe a coñecer a Pistacho e a biblioteca de Bembibre. Nela contaron co acompañamento dos instrumentos que moi ben toca Álex. Un dos contos que máis nos gustou foi "A que sabe a lúa". Mirade as fotos!!
FOLIADA LETRAS GALEGAS
Mirade o que montamos na biblioteca o mércores!! Temos unhas pandereteiras que o fan xenial!!Hoxe tocaron a "Muiñeira de Requesende".
Tamén os nenos e nenas de 6º recitaron uns poemas de Manuel María "Os soños na gaiola". Foi unha xornada moi especial!!
mércores, 18 de maio de 2016
domingo, 15 de maio de 2016
Ata a fin do mundo!!
Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria acompañaron ao alumnado de Secundaria no último tramo do camiño de Cee ata o faro de Fisterra.
Tivemos un día moi agradable e soleado para esta camiñata, na que non faltaron grandes vistas a unha marabillosa paisaxe como é a da Costa da Morte!
Mereceu a pena todo o esforzo feito!!!
mércores, 11 de maio de 2016
martes, 10 de maio de 2016
mércores, 4 de maio de 2016
Manuel María
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
Este ano, o homenaxeado das Letras Galegas é MANUEL MARÍA. Se queres coñecer máis sobre a súa vida e obra, pica nas seguintes ligazóns e atoparás xogos en liña.
domingo, 1 de maio de 2016
Maletas viaxeiras
Esta semana empezamos cun novo proxecto!! Trátase da maleta vaixeira para familias. Dende esta semana tendes a vosa disposición, no recibidor do colexio, una estantería chea de libros para familias. Só tendes que acercarvos, coller o libro que máis vos interese e anotarvos no rexistro de préstamos!! Animádevos!!!
Photocall familiar
Esta semana tivemos unha morea de visitas de familias!! O photocall do Quixote, Sancho e Cervantes serviu para inmortalizar momentos moi divertidos!! Mirade que guapos saídes todos e todas!!
Para poder descargar as fotografías dirixídevos á Galería da páxina do CPI de Bembibre!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




