Este venres, poidemos asistir a unha feira demostración-exposición de EMERXENCIAS, organizada pola Protección Civil de Val do Dubra. Tivemos a oportunidade de ver unha exposición de material que se usa para rescates, para incendios, accidentes... Tamén vimos unha exhibición de DRÓNS. E ata tivemos xogos como a tirolina, poidemos subirnos a mostos e coches da guardia civil, ambulancias, camión de bombeiros,... Aquí vos deixo unha mostra da xornada. Ata veu a TVG a gravarnos.
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
luns, 3 de abril de 2017
xoves, 30 de marzo de 2017
Receitas mochilas viaxeiras
Hoxe ensinámosvos as fotos de dous postres riquisimos da aula de 2º de primaria. Verónica e Pablo Paz sorprendéronnos con estos doces impresionantes! Grazas ás familias pola gran implicación e o interese que mostrades!
mércores, 29 de marzo de 2017
martes, 28 de marzo de 2017
VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ
Hoxe a biblio de Pistacho tivo o pracer de coñecer a Jacobo Fernández, escritor, ilustador e pintor, como autor de literatura infantil tan coñecido como os cómics de Marcopola que tanto nos gustan, ou mesmo os libros de "A pedra e as formigas" e "Mil cousas poden pasar".
Poidemos ver cos nosos propios ollos a facilidade que ten para debuxar e como por arte de maxia aparecen do branco papel personaxes que nos transmiten moito.
Grazas tamén a súa amabilidade, poidemos saber algo máis del con preguntas que os nosos colaboradores de Radio Tv Bembibre lle fixeron e que subiremos en breve a este blogue.
Para rematar tivemos sesión de firma de libros!!!
Moitas grazas JACOBO por virnos visitar, esperamos que pasaras unha boa tarde connosco!!!
UN LIBRO
Os nenos e nenas de 3 anos estiveron traballando cun dos libros que nos tocou ler este ano titulado "UN LIBRO".
Aprenderon moito del coa súa profe Pilar. As cores, os números, as formas, mesturar cores, cantidades, sobre Kandinsky,... Tanto é así, que vos imos a mostrar o libro que fixeron sobre el!
domingo, 26 de marzo de 2017
Receitas viaxeiras!!
Estas mochilas viaxeiras son todo un éxito! Foi un acerto meter libros de cociña nelas porque non sabíamos que había tan bos pequenos cociñeiros en Bembibre!! Desta vez, na aula de 4 aniños, Carmen tróuxonos uns bombóns moi coloridos e ben ricos!!! Mirade que pintas! Sorte de quen os puido saborear!!
domingo, 19 de marzo de 2017
"UN ESPIÑOSO RAMO DE CHORIMAS"
Por fin temos o video que nos mostra a xornada de presentación do libro "Un espiñoso ramo de chorimas" escrito polos nenos e nenas agora en 1º da ESO e que no momento de escribir este libro estaban en 5º de primaria coa súa profe Lucinda!
xoves, 16 de marzo de 2017
Receitas viaxeiras
A nosa compañeira Abril tróuxonos unha sorpresa esta mañá!! Coa axuda da súa familia fixo galletas en forma de medallas para todos os seus compis de segundo e para os seus profes!!! Vaia artista en doces temos no cole!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

