bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

Desde hai 20 anos, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, recordando así a destrución da Biblioteca de Sarxevo incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns. 
Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.

E nós celebrámolo dunha maneira moi particular!! Pistacho veu gardando dende que chegou a Bembibre, todas as plumas que lle foron caendo. 
E quixo compartilas con nós a modo de marcapáxinas. 

Ricos postres

Estos días chegáronnos máis postres ao cole. Eva e Carla de 5 anos, trouxéronnos unha tarta e unhas rosquillas!! Que pola cara destes larpeiros debían estar ben ricas!!
E na aula de 5anos B, Izan tróuxonos a proba dunhas ricas magdalenas!! 





venres, 20 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de Outubro é o día da BIBLIOTECA ESCOLAR. Pero non só da biblioteca de Pistacho, senón de todas as bibliotecas do mundo!!
E PISTACHO púxose tan ledo, que quere regalarvos as súas plumas!!! Si, oistes ben!! Vai a darvos plumas para que usedes de marcapáxinas nos vosos libros!!!

Estades todos convidados, o martes na hora do recreo, a vir polo voso agasallo!!

sábado, 14 de outubro de 2017

Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao andar

E como queremos facer camiño, esta vez tocou saír da biblio de Pistacho e do cole e deixar as nosas pegadas como peregrinos no Camiño francés cara Santiago de Compostela. 
Sen volver a vista atrás, conseguimos deixar Sarria e chegar a Portomarín! Con pedras e po no camiño, con moitas costas e baixadas, coa suor na fronte pero con moitas gañas de crecer e facer camiño. 
Foi unha experiencia moi boa na que disfrutamos da natureza e das marabillosas paisaxes que nos brinda Galicia. Veunos xenial porque este ano imos a realizar un  proxecto a nivel de centro chamado "Remexendo conciencias" no que imos ver as diferentes paisaxes e como coidalas. E neste tramo do  camiño vimos as paisaxes tan bonitas que ten Galicia e tamén apreciamos a escaseza de auga que ten o solo.
Sen lugar a dúbidas, unha experiencia única!  BO CAMIÑO!




luns, 9 de outubro de 2017

Receitas doces!

Xa nos chegaron fotos dunha receita moi doce da mochila de 2º de primaria. Nadia e a súa familia fixeron unas galletas que, polo visto, estaban moi ricas!!!


E Maia trouxo uns riquísimos puncakes para os seus compis de clase!! 
Que bos reposteiros temos en segundo!!