bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 27 de novembro de 2017

Receitas viaxeiras

E empezamos a semana de unha maneira moi doce!! Así dá gusto. Os libros de cociña que van nas Mochilas Viaxeiras están gustando moito!!!

Mateo Fraga de infantil de 5 anos tróuxonos un biscoito. E Saúl de 5ºB tamén nos trouxo uns bombóns de chocolate con cereais e unhas rosquillas.

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Derradeiro día da semana contra a violencia de xénero. Hoxe como broche final, o alumnado de 6º realizou unha obra de teatro na que plasmou a triste realidade de moitos fogares na que a muller ten unha difícil situación. Entre todos podemos cambiar iso, como fixeron nesta magnífica obra de teatro!!!
Tamén no recreo poidemos asistir a unha performance feita polo alumnado de Secundaria.


4º XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este xoves tocoulle aos máis pequenos de primaria. O alumnado de 1º contounos por medio de debuxos o que estiveron traballando na clase sobre a violencia de xénero. E o alumnado de 2º representounos de unha maneira moi amena o conto "Nin un biquiño á forza".

xoves, 23 de novembro de 2017

3º XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nesta terceira xornada, os encargados de traballar contra a violencia de xénero foron os nenos e nenas de 3º cunha representación de micromachismos, e o alumnado de 4º cun RAP moi marchoso. Podedes velos nos seguintes videos.


Talleres sobre os Dereitos dos nenos

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria puido disfrutar dun taller que ofrecía a Cruz Roja sobre os Dereitos do neno. Neste taller pasárono moi ben nunha gincana na que aprendían  os diferentes dereitos que ten o neno, como o dereito a educación, dereito a unha casa ou dereito a vida. Para finalizar, todos cantaron unha canción que crearon nos talleres!!!Mira o video!! 

mércores, 22 de novembro de 2017

Máis e máis receitas!!!

Esta semana empezou moi doce como vedes!!
Yago de Infantil de 5 aniños tróuxonos un biscoito e uns cakes pops de Nutella. Estas elaboracións tan sofisticadas parecen de uns chefs de renome!! Cada día sorprendédesnos máis!! 
Pois o biscoito deu para moito, porque os demais nenos de infantil poideron probar un petisco!!!
Joel de 5 anos, trouxo outro biscoito para compartir cos seus compañeiros!

Tamén Aroa de 2º e a súa familia fixeron un postre de primeira!!! Uns brownies de chocolate con fideos de cores. Impresionante estes resposteiros o ben que o fan!! 
Gracias as familias por implicarse tanto coas receitas viaxeiras!!!

martes, 21 de novembro de 2017

2º XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 5ºB, que nos explicou as orixes deste día, o porqué da  conmemoración e de onte veñen os símbolos que se utilizan.

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana no cole imos a conmemorar o día contra a violecia de xénero. Cada día da semana, unha aula expoñerá ao resto do cole o que preparou sobre a violencia de xénero. Estade atentos porque subiremos ao blogue todo o que vaiamos facendo.
Hoxe tivo a quenda o alumnado de 5ºA, que explicou e representou os diferentes tipos de CIBERACOSO.

venres, 17 de novembro de 2017

"MUNDOSUEÑO"

Así é o título do libro que escribiu Elias Noel, do que temos o pracer de coñecer moi de cerca xa que forma parte do noso colexio. POis si, ledes ben, Elías é mestre no noso cole e tivemos a sorte de contar con el para presentarnos o seu libro " Mundosueño". Un libro con moita maxia e que nos invita a soñar!
Téndelo na biblio para poder lelo.