bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 4 de xaneiro de 2022

Christmas nas clases de inglés

 Os nenos e nenas de Bembibre traballaron moito este trimestre coa mestra Celia en inglés. 

En educación infantil estivemos a traballar nomes de diferentes obxectos e lugares, repasamos cores e números, os saúdos... Pero o que máis nos gustou foi aprender cancións e xogos! Aquí temos a nosa canción do Nadal, esperamos que vos guste!

Enlace ao vídeo


1ºst Grade

Os nenos e nenas de primeiro traballamos con nenos de moitos países diferentes: Italia, Turquía, Grecia… A pesar de que non coñecemos as súas caras, si que coñecemos os seus avatares! Igual que eles coñecen os nosos!

Tras a elaboración dos nosos avatares, fixémolos falar a través de ChatterPix, dándolles as nosas propias voces e presentándonos! Foi xenial! Fixemos un vídeo que o reflexa:

Enlace ao vídeo


Unha vez que todos e todas nos coñecíamos, procedemos á creación dun logo representativo. Cada un de nós creou un e despois fixemos unha votación. Houbo tres traballos seleccionados!

Para todos os nosos compañeiros e compañeiras creamos unha grande postal de Nadal, describindo os nosos: “Christmas wishes” ou “Desexos de Nadal”:
Por último, para rematar coas actividades do Nadal, cantamos unha panxoliña en inglés cos demais compañeiros e compañeiras, cantando, cada grupo de cada país unha parte da canción: A chubby little snowman!

2nd grade

Fomos os primeiros en comezar o noso traballo colaborativo! Comezamos cunha videochamada, na que nos presentamos un a un, dicindo o noso nome e a nosa idade. Logo, escoitamos os nomes dos nenos e nenas de Italia. Acordamos escribir unhas preguntas sobre as nosas vidas habituais e intercambialas! Preguntamos sobre a comida, sobre as materias da escola, pero tamén sobre as medidas de Covid, sobre o uso da máscara, a distancia interpersoal, como facían coas merendas… (todas as preguntas saíron dos propios nenos e nenas). Así o fixemos! Redactamos unha carta e, xunto con esas preguntas, engadimos fotos do patio e das clases!

Os nosos compañeiros e compañeiras son de Italia, e con eles intercambiamos varias videochamadas e cartas! Nelas preguntamos sobre o seu tipo de comida, e dixéronnos que, de onde eles viven, era moi común comer rás! A nós custounos un pouco pensalo… Nós contámoslles sobre o noso río, sobre as actividades que facíamos… Estamos desexando saber máis no próximo trimestre! Quizais non teñamos moitos traballos físicos que amosar en fotos, pero si que temos varias experiencias de contacto directo cos nenos e nenas de Italia, e esta é unha vantaxe da que non todos os cursos poden disfrutar!

Enviamos unha tarxeta de Nadal, que polo de agora, aínda non chegou nin nós recibimos a nosa...Por último, creamos para eles o seguinte vídeo de Nadal.

Enlace ao vídeo


3rd grade

Nós formamos un grupo de tres! Colaboramos cuns nenos e nenas “veciños” (Valdepeñas de la Sierra) que van a un cole no que só hai seis nenos e nenas!!! E tamén cunha escola de Romanía que conta con 25 nenos e nenas só na aula de 3º! Unha boa mestura! Realizamos unha primeira videoconferencia, na que nos presentamos un a un, dicindo os nosos nomes e idade (practicamos moito para que nos saíse moi ben!), aínda que nos custou un pouco coñecer os nomes dos nenos e nenas de Romanía, gustounos a actividade.

Tras esta primeira reunión decidimos que o primeiro que debíamos facer era presentarnos por escrito! E así foi:

A continuación, o máis importante era falar, como non, da nosa comida favorita! E é aquí onde a colaboración familiar foi fundamental! Tanto a mestra coma os nenos estamos moi agradecidos da vosa participación, gracias! Con esas imaxes creamos unha presentación, na que engadimos as nosas fotografías e de un a un fomos escribindo no pc da profe o que nos gustaba máis:

Recibimos e lemos o que nos enviaron ambos compañeiros!  Incluso con algunha receita!

Por último para este trimestre foi a videoconferencia de Nadal! Foi moi especial, xa que, por un lado, cantamos en galego, para amosar a nosa lingua, e, polo outro, todos e todas cantamos á vez unha canción en inglés!


4TH GRADE

Para a nosa colaboración comezamos moi ben! Realizamos unhas presentacións de nós mesmos estupendas:


Para a nosa mala sorte, os nenos e nenas cos que comezamos a traballar tardaron moito, moito en respondernos… aínda que finalmente, responderon!
Como se adoita dicir, non hai mal que por ben non veña! Como tardaron tanto, apareceu a posibilidade de intercambiar tarxetas de Nadal con uns nenos e nenas de República Checa (compañeiros e compañeiras dos nenos que colaboran con 5º, pero de 4º curso). Sen dubidalo, mans á obra! Incluso cunha fisura.


Foron uns traballos fabulosos! E contando con pouco tempo! Parabéns nenos e nenas!


Fomos afortunados, xa que as cartas chegaron a tempo, e docemente, abrimos as nosas postais, que contiñan un caramelo da República Checa! Seica temos que pedir máis…


Os nenos e nenas de 4º queremos agradecerlle ós titores a súa comprensión cara a actividade, xa que nos prestaron un par de horas para poder realizar o traballo en tempo, pero unha mención especial á profe Águeda, quen ademais colaborou moi activamente na creación das nosas tarxetas! Gracias!


Estes dous grupos, tan traballadores e tan ilusionados co proxecto, non foron demasiado afortunados… Que pasará para o seguinte trimestre? Esperemos que a nosa sorte mellore e poidamos facer máis cousas!


Enlace ao vídeo de 4ºA

Enlace ao vídeo de 4ºB


5TH GRADE

Fomos os que máis forte comezamos! Quixemos presentar o lugar de onde vivimos, amosamos Bembibre, Niveiro, Abelenda... Fixemos un traballo que quedou fabuloso! Gracias a todas as familias pola vosa colaboración! A cambio, recibimos unha presentación sobre a República Checa, e sobre o lugar de onde veñen os nenos e nenas cos que traballamos.

Todo isto levou moito traballo pola nosa parte e pola súa, e xa case non tivemos tempo a nada máis! Aínda que si que puidemos preparar tarxetas de Nadal! Unhas tarxetas fenomenais que encantaron ós nosos compañeiros e compañeiras da República Checa! A cambio nós tamén recibimos unha, con sorpresa incluída! A tarxeta que enviaron contiña un caramelo da República Checa, boísimo!

A nosa intención era poder realizar unha videochamada, pero, desafortunadamente, por motivos de saúde relacionados coa mestra de República Checa, tivemos que pospoñela ata o próximo trimestre! Pero non sabemos quedar quedos! Fixemos un vídeo que enviamos ós nosos compañeiros e compañeiras, no que cantamos unha panxoliña en inglés! Estou segura que lles encantou!



6th Grade

Nós traballamos con nenos e nenas de Lituania! Alí vai moito frío! Enviamos as nosas presentacións, pero tivemos mala sorte, houbo un brote de Covid na súa escola e pasaron máis dun mes sen acudir ás aulas, polo que a súa resposta demorou ata practicamente final de trimestre. Pero chegou! A nosa intención é intercambiar cartas individuais, emparellando os nenos e nenas acorde ós seus intereses, quen sabe se poden atopar un bo amigo ou amiga a tantos km de distancia?


Polo Nadal creamos unhas tarxetas un pouco especiais: eran DIXITAIS! Aquí vai un exemplo:

Recibimos tamén tarxetas dixitais, e foi moi emocionante ver os traballos dos outros nenos e nenas.

Por último, gravamos unha panxoliña de Nadal en galego (xa que foi un intercambio de música propia) e recibimos unha no seu idioma. Para o próximo trimestre estamos pendentes dunha videochamada e de máis traballiños en conxunto!



martes, 21 de decembro de 2021

Visita de Papá Noel!!!

 E chegou Papá Noel ao noso cole!!! Tiñamos moitas ganas de velo. Ainda que a emoción as veces púxonos nerviosos e tiñamos vergoña e outras veces ata nos asustamos!!! Iso si, quixemos quitar unho foto con el para ter a proba de que vimos a Papá Noel!!!


Talleres de Nadal 2021

 Que días tan especiais e bonitos estamos tendo. Este luns estivemos facendo talleres de Nadal nas diferentes aulas. Pasámolo xenial facendo manualidades e vendo pelis de Nadal. Facede clic e vede as fotos!!

sábado, 18 de decembro de 2021

Buzón real

 Xa temos o Buzón real listo no cole. Pistacho, da man de algunha axudanta, fixo este buzón tan bonito para recibir as cartas de todos os nenos e nenas de Bembibre. Asique lembrade pasar a depositar a vosa carta, tanto para Papá Noel como para os Reis Magos!!! 



luns, 13 de decembro de 2021

CARREIRA SOLIDARIA

 Hoxe poidemos celebrar a carreira solidaria contra a leucemia infantil. 

Como vos comentamos, este ano colaboramos coa fundación Unoentrecienmil para a investigación da leucemia infantil.

Aquí vos deixamos fotos e un pequeno vídeo de como se desenvolveu. Moitas grazas a todos por participar!! Pronto vos diremos a cantidade que poderemos aportar a esta causa.

#unoentrecienmil    #vueltaalcolexlaleucemia



Chegou o Nadal

 O noso cole xa está preparado para recibir e festexar o Nadal e finalizar este 2021 tan atípico caracterizado polas medidas anticovid.

Todos nós, desexamos que o 2022 veña cargado de normalidade e moita saúde para todos.

Por iso, decoramos o centro cheo de ilusións, vendo nos máis cativos grandes sorrisos e miradas cheas de esperanza. 

Deixamos unha pequena mostra do Cpi de Bembibre cheo de brilli-brilli!!!









mércores, 1 de decembro de 2021

Carreira solidaria

Este ano, realizaremos a carreira solidaria, o 3 de decembro, día internacional das persoas con discapacidade. Os fondos recaudados irán a favor da fundación Unoentrecienmil, que buscan a maneira de curar a todos os peques enfermos de leucemia e invirten en investigación. 

O proxecto solidario chámase A VOLTA AO COLE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL. 
 A cada participante daráselle un dorsal non numerado, posto que a carreira é cooperativa, non competitiva. Ganan os nenos afectados de leucemia porque teñen un motivo máis para a esperanza. 

 Todo o recaudado se anunciará por aquí.


venres, 26 de novembro de 2021

25N para a eliminación da violencia contra as mulleres

 Hoxe tocou alzar a voz e poñer o noso gran de area para acabar coa violencia contra as mulleres. Dende o CPI de Bembibre realizamos unhas pancartas para visibilizar a nosa protesta contra esta lacra. Tamén o alumnado de 6º da man da nosa sempre profe Lucinda, realizaron unha obra de teatro con situacións da vida cotiá nas que se vive a violencia cara as mulleres. 

Aquí tendes unha mostra do día.



mércores, 17 de novembro de 2021

Saída ao Museo de HIstoria Natural

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de primaria realizaron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela. Nela aprendemos os cinco reinos, paseamos pola fraga, coñecemos unha morea de minerais que hai no mundo, entramos a unha caixa forte con diamantes, tamén adentrámonos nunha mina onde se extraen os minerais, vimos un esqueleto dun gorila, aprendemos un pouco máis das tartarugas, dos invertebrados mariños, dos cantís, e dos diferentes animais que hai por todos os continentes. Ata atopamos  un cofre na mina e realizamos un escape room moi interesante. A verdade que foi unha visita moi interesante e completa.

Aquí tendes unha mostra deste día! 



luns, 8 de novembro de 2021

Soños terroríficos

 Despois de ler todos os soños terroríficos entregados no certame que se convocou para o Samaín, só podemos felicitarvos polo gran traballo realizado. E para iso, repartimos entre todos os participantes estas chapas diseñadas especialmente para esta ocasión. Moitas grazas a todos por participar!!!