O día 30 celebramos o día da paz. Cantamos unha canción moi significativa para nós e soltamos globos con mensaxes de paz. Tamén realizamos un mural coas nosas mans decorando as paredes do noso cole. Aquí vos deixamos a proba.
bibliobembibre@gmail.com
venres, 31 de xaneiro de 2025
mércores, 1 de xaneiro de 2025
Feliz ano 2025
Feliz ano a toda a comunidade do Cpi de Bembibre!! Oxalá neste 2025 se cumplan todos os vosos desexos!!
Aquí vos deixamos unhas fotiños do que foi o noso fin de ano!
luns, 2 de decembro de 2024
Día da discapacidade
Hoxe tivemos unha xornada moi especial, a asociación Un paso máis veu a poñernos na pel das persoas con diversidade funcional. Por medio de xogos como o goalball, baloncesto con silla de rodas, mímica,… Descubrimos a dificultade que teñen estas persoas.
luns, 25 de novembro de 2024
25 N no colexio
Hoxe conmemoramos este día lendo un manifesto, cantando unha canción e colgando a pancarta do lema e os debuxos. Tan ben o fixeron que aquí vos deixamos o vídeo da canción de Malfalada: “Nais e avoas”. Tamén damos as grazas a Marco e Sara por ilustrar tan ben este día coa seus debuxos!!
Enlace ao vídeo
sábado, 23 de novembro de 2024
Simulacro de incendios
Deixámosvos algunhas fotos do simulacro de incendios que se fixo no cole este venres. Foi toda unha aventura e fixémolo moi ben!! Grazas aos bombeiros de Santa Comba e a Protección Civil de Val do Dubra por deixarnos subir aos seus camións e ter tanta paciencia con nós.
venres, 15 de novembro de 2024
Carreira solidaria
Hoxe realizamos a carreira solidaria a favor dos afectados pola dana en Valencia. Ademais de pasalo moi ben, recaudamos moito diñeiro que vai directo para Valencia!! Grazas a todas as familias por colaborar!!
martes, 12 de novembro de 2024
FOTOS DE GRUPO
Ainda que este ano nos custou un pouco máis, aquí están as fotos de grupo do alumnado do curso 2024/2025.
luns, 4 de novembro de 2024
Samaín e magosto 2024
Aquí vos deixamos unha selección de fotos do que foi o mércores 30 no cole. Pasámolo en grande pasando polo túnel terrorífico e música que nos dou un pouquiño de medo. Pero valeu a pena sobre todo para lucir os disfraces tan xeniais que traian os nosos pequenos e pequenas. Despois ao longo da mañá estivemos facendo talleres por todas as aulas: taller de pócemas máxicas, pulseiras terroríficas, curtas de medo, contacontos, ... Foi moi ameno e divertido.
Ás últimas horas adicámolas a celebrar o magosto co seu asado de castañas. Este ano eran grandísimas e estaban moi moi ricas!! Grazas a Miguel, Carmita e Varela por facelas!!!
luns, 30 de setembro de 2024
Benvidos ao curso 2024/2025
Outro aniño aquí estamos, e aquí está Pistacho esperando a que o veñades ver a biblioteca. Para os que sodes novos e novas, Pistacho é un loro que temos de mascota na biblio. É moi riseiro e encántalle facer algunha trasnada!!. Pero o que máis lle gusta son os libros. Asique vide velo cando queirades. Polo de pronto xa temos algunha sorpresiña que vos vai dar neste mes. Estade atentos!!
Bo curso a todos!!!
luns, 24 de xuño de 2024
Fin de curso
E chegou o día das despedidas e de desexarnos un feliz verán, pero tamén o día de disfrutar, de facer festa e de bailar! E como non podía faltar algo especial, tivemos a festa da espuma!!! Non nos chegaba a hora de que ese cañón botara espuma para poder meternos. Pasámolo tan ben que aparecían a cada pouco chanclas perdidas😂😂😂
Disfrutade moito do verán que logo pasa e en nada xa estamos todos xuntos!!!
venres, 21 de xuño de 2024
FOTOS GRADUACIÓNS INFANTIL E PRIMARIA
Que día tan emocionante o de onte. Foron as graduacións de infantil e 6º de primaria. Como todos os anos, soltamos a nosa lagrimilla polo bonito que alí se viviu no auditorio! Gracias aos profes que fixeron que todo esto fora posible, e a familia e o alumnado por colaborar. Sen máis, desexámoslle aos nosos nenos e nenas todo o mellor para a nova etapa na que se van adentrar!!! Desfrutade intensamente da vida e sede auténticos!
xoves, 20 de xuño de 2024
Proxecto competencial 3º: Cine en valores
Durante este curso o alumnado de 3º na materia de Proxecto competencial estivo traballando o cine, en concreto películas de valores. E como proxecto final fixemos unhas curtas reflexando diferentes problemáticas que detectamos na sociedade, e que nós como nenas e nenos que somos, nos gustaría eliminar.
mércores, 15 de maio de 2024
4º edición xornal o PIcoto
Tiñamos tantas gañas de que saíra á luz a nova edición do xornal O Picoto, que estamos moi contentos de poder ensinarvos o noso traballo destes meses atrás. Este ano o alumnado de 6º coas súas profes fixeron a maquetación. E as demáis aulas traballamos para colaborar sendo editores e mandarlles as seccións deste xornal que ten de todo! Esperemos que vos guste.
O mércore 8 de maio celebramos unha convivencia deportiva co alumnado do colexio Inmaculada, de Sta Comba. Neste resumo podedes comprobar o bo ambiente e as diferentes actividades practicadas: baloncesto, futbol, voleibol e como non o pano para rematar a mañá. Moitas grazas a todos pola participación lúdica nesa mañá solleira.
venres, 26 de abril de 2024
RADIO BEMBIBRE
Temos o pracer de presentarvos un novo proxecto no que estamos inmersos, xa temos radio no cole!!! Levamos tempo formándonos para poder dar o mellor de si desta nova e motivante ferramenta.
Imos deixar aquí o enlace para que poidades encontrar todos os podcast que imos ir gravando. Vai haber moita variedade de temas, asique animádevos a escoitarnos que seguro botades unhas risas e aprendedes moito!!!
Esperamos que vos guste!!!
FAI CLIC AQUÍ















