bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
venres, 25 de novembro de 2016
martes, 22 de novembro de 2016
Semana pola Igualdade de xénero
Durante esta semana no cole faremos unha serie de actividades para tratar cos nenos e nenas a violencia de xénero. Entre estas actividades están a de visionar curtas relacionadas con este tema. Acude a biblio nos recreos da mañá!! Tamén faremos entre todos o mural "VENTOS POLA IGUALDADE"
aaa
**
CONTOS POLA IGUALDADE
Hoxe tivemos a sorte de disfrutar dunha morea de contos sobre a igualdade de xénero. Estes contos foron narrados por Raquel Queizás!!! Con ela coñecemos contos como os das tartarugas Arturo e Clementina, Oliver, Pepón o peleón, o dragón,.... Contos que case nos fixeron pensar en situacións que vivimos na vida real!! Contos que nos fixeron pensar e que nos teñen que facer actuar para que a igualdade de xénero sexa unha realidade!!!
luns, 21 de novembro de 2016
Coñecemos un país de fala hispano-portuguesa
Durante este curso e como novidade imos levar a cabo un gran proxecto, un proxecto que nos levará todo o ano.
Dende que Pistacho viaxou a Brasil, está todo emocionado por coñecer novos países e novas culturas!! Por iso, decidimos profundizar e aprender máis sobre algúns países que falan español ou portugués. Por medio de investigacións, actividades, mnurais, internet, .... descubriremos moitas cousas de países que nos quedan algo lonxe pero que teñen en común a nosa lingua.
Por medio do mural da entrada iremos poñendo en común todo tipo de información e traballos que vaiamos realizando para que Pistacho e todos nós vaiamos aprendendo moito de estos países!
venres, 11 de novembro de 2016
Nanas
As
cancións de cuna pasaron de xeración en xeración para tranquilizar aos
bebés. Escoitar a voz dos pais, avós, irmáns.... reforza o vínculo
familiar co bebé.
Dende
a biblioteca do CPI de Bembibre queremos recuperar esas nanas que nos
cantastes cando eramos pequeniños. Por iso animámosvos a que nos
cantedes unha nana.
Gravádea en calquer soporte informático e traédenola
(voz ou video) en CD, PENDRIVE... ou enviádenola ao correo bibliobembibre@gmail.com
para que todos e todas poidamos disfrutar dela. Tamén, se é posible
acompañade a gravación coa letra escrita.
Con todas poderemos facer un libriño para que perduren no tempo.
Todas
as nanas que recollamos aparecerán no blogue da nosa biblioteca onde
podedes informarvos de moitas das actividades dos nenos e nenas do cole.
mércores, 9 de novembro de 2016
venres, 4 de novembro de 2016
Mochilas viaxeiras en camiño!!!!
Comezan a poñerse en marcha as mochilas viaxeiras!! Dende hoxe comezan a moverse polas casas das familias de Bembibre!!! Disfrutadeas en familia!!! Lembrade que tedes unha semana para telas nas vosas casas!!!
domingo, 30 de outubro de 2016
Conxuros máxicos
E velaquí todos os conxuros que se elaboraron polo alumnado de infantil e primaria. Non perdades ollo e tomade nota porque no CPI de Bembibre temos conxuros para todo: para crecer, contra o aburrimento, para darlle vida a una cabaza, para aprobar, para que os soños se fagan realidade, para espantar a bruxas,...
venres, 28 de outubro de 2016
Talleres de Samaín
Hoxe no cole, o día foi diferente e especial!! A maioría dos nenos e nenas poideron disfrutar dos talleres que tiñamos preparados polas aulas! Entre elas había taller de caretas, xogos variados, taller audiovisual, taller interactivo, xogos de mesa, contacontos,... Pasámolo pipa, sobre todo porque iamos disfrazados e pintados para celebrar o Samaín como se merece!!
xoves, 27 de outubro de 2016
mércores, 26 de outubro de 2016
Comezan os contacontos terroríficos!!!!
Na media hora do proxecto lector, os maiores lennos na biblio contos que nos fan tremer un pouquiño de medo!! Mirade!!
luns, 24 de outubro de 2016
luns, 17 de outubro de 2016
O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ
Está todo preparado para a celebración do Samaín. Bótalle un ollo a todo o que imos a facer no cole.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




