O alumnado de 1º, 2ºA e 2º B realizou onte unha saída ao Museo de Historia Natural de Santiago. Botádelle un ollo ás fotos porque creo que lles gustou moito.
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
venres, 8 de novembro de 2019
sábado, 2 de novembro de 2019
martes, 29 de outubro de 2019
Magosto
Hoxe celebramos o Magosto!! O tempo dounos unha tregua e poidemos asar e comer as tan desexosas castañas. Iamos preparados cos nosos castañeiros para enchelos delas.
Tamén aproveitamos que estabamos todos xuntos para anunciar os premiados dos relatos de medo. Noraboa a todos!!
Clicade na imaxe para ver as fotos.
domingo, 27 de outubro de 2019
Visita ao concello de Val do Dubra
Esta semana as nenas e nenos de segundo coñecemos o concello por dentro. Fomos cunha misión moi importante da que pronto vos chegarán noticias!! Aprendemos moitiiisimo e tratáronos moi ben! Moitas grazas ao alcalde e ao seu equipo por recibirnos!
Se queredes ver unha pequena parte do que foi a visita, clicade no seguinte video!
Se queredes ver unha pequena parte do que foi a visita, clicade no seguinte video!
venres, 25 de outubro de 2019
Contacontos de Samaín
Toda esta semana na hora do proxecto lector estivemos facendo unha actividade que lles gusta moito aos nenos: os contacontos! E máis se son contados por outros nenos máis grandes!! Aquí tendes algunha foto!
xoves, 24 de outubro de 2019
Día de cine
Hoxe día das bibliotecas escolares viñemos ao cine de Pistacho! A biblio converteuse por un día nun cine coa súa taquilla e coas súas entradas.
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe celébrase o día das bibliotecas, o 24 de Outubro. E para celebralo fixemos un spot publicitario animando a xente a ir ás biblios. Mirade que ben nos quedou. Hoxe é a estrea na biblioteca. Lembra vir coa túa entrada!!
mércores, 16 de outubro de 2019
Entrega de premios da RAG
No día de onte o alumnado de 1º da ESO coas súas profes foron a recibir o premio da RAG do que vos falamos. Noraboa de novo porque dende logo é moi merecido. Aquí vos deixamos as notas de prensa.
Tamén tendes o enlace á páxina da RAG.
Ir a RAG
Tamén tendes o enlace á páxina da RAG.
Ir a RAG
Etapa 1: Allariz- Ourense
Este venres 11, o alumnado de 5º e 6º de primaria, o alumnado de Secundaria e 5º e 6º de Portomouro, emprenderon unha etapa do Camiño Sanabrés, que forma parte da Vía da Prata. Este camiño sae realmente dende Sevilla.
Pero eles saíron dende Allariz. Foron 22 km de aventuras e paisaxes.
mércores, 9 de outubro de 2019
Premiados polo día das Letras Galegas
Temos o pracer de comunicarvos esta noticia que saiu no Correo Galego. O alumnado do Cpi de Bembibre foi premiado pola Real Academia Galega.
O curso pasado o alumnado de 6º de primaria realizou unha obra de teatro grazas a súa mestra Lucinda. Esta obra de teatro sobre a vida de Antón Fraguas, estreouse o día das Letras galegas. E foi gañadora entre máis de 80 colexios do concurso ""Contádenos o voso día das Letras Galegas". O vindeiro 15 de outubro, terán que ir a recoller o premio que lle otorga a Real Academia Galega.
Noraboa aos actores e actrices e sobre todo á artífice de todo isto, a mestre Lucinda!!!
Se clicades na imaxe, accederedes a toda a noticia.
martes, 1 de outubro de 2019
COIDALIBROS
Este ano estreamos COIDALIBROS!!! Están con moitas gañas de empezar e axudarnos a todos a usar a biblioteca e a facernos préstamos de libros para levar a casa.
Tamén como novidade, teñen unha equipación nova!!! Mirade que ben se lles vai ver este ano!!!
Hoxe abrimos a biblio
Pistacho está moi contento porque chegou o día de abrir e de comezar un ano cheo de moitas sorpresas e aventuras.
E tamén comezan a andar as MOCHILAS VIAXEIRAS!! Disfrutade moito delas e coidádeas moito!!
martes, 17 de setembro de 2019
Minuto de silencio
Non podemos máis que demostrar co noso minuto de silencio que estamos en contra da violencia de xénero. Por desgracia, hoxe tivémonos que xuntar para recordar as 3 vítimas de onte no concello de Valga. Mulleres que lles foi arrebata a vida en presencia de dous nenos.
Toda a comunidade educativa do CPI de Bembibre concentrouse en sinal de repulsa.
NON MÁIS MORTES, NON MÁIS VIOLENCIA MACHISTA.
Alumnado curso 2019/2020
Aquí vos presentamos ao alumnado que temos este curso!! E como non podía ser de outra maneira, están acompañados polos seus profes!!
Mirade que contentos están e con que enerxías comezamos o curso!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













































