bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 28 de setembro de 2020

A MÁSCARA DE PISTACHO

 Pistacho xa está preparado coa máscara para protexerse tamén. Mirade que chula lle quedou.




venres, 25 de setembro de 2020

Novo curso, nova normalidade

 Boas amigos e amigas!

Aquí volvemos con moitas gañas e ilusión a pesar de que teñamos un convidado nada querido como é o Covid. Despois destos días de vernos e aprender desta nova normalidade, xa estamos listos para aprender moitas cousas neste curso. Aínda que como medida, dedidimos que a biblio estea cerrada, si poderemos acudir cos profes a facer préstamos de libros e a visitar ao noso amigo Pistacho. 

Aquí vos deixamos o noso novo mural da entrada. 





luns, 15 de xuño de 2020

Premiada pola RAG


Temos o pracer de comunicarvos que a vosa compañeira Triana, de 5º de primaria, foi premiada pola Real Academia Galega no III Concurso de microrrelatos ao que se presentaron máis de 750 persoas. Triana gañou o premio con "O neno princesa", un relato de 200 palabras sobre o respecto á diversidade e que vos deixamos a continuación para que poidades lelo. Podedes acceder á web da Real Academia Galega e ver a noticia da resolución do concurso pinchando aquí.
Aquí vos deixamos o seu relato:
En hora boa Triana! Un premio ben merecido!
E animámosvos a todos e todas a participar na seguinte edición!

martes, 12 de maio de 2020

OS RETOS DE PISTACHO 2

Este é o noso segundo PADLET, xa que o outro ía moi lento pola cantidade de material que colgamos. 
Se algunha familia non da subido algunha foto ou vídeo, que se poña en contacto con nós no correo da biblio: bibliobembibre@gmail.com
Lembramos que só poden subir as fotos ou vídeos os pais/nais do alumnado.
Os vídeos limitamos a duración a 15 segundos.
ANIMÁDEVOS FAMILIA!

Hecho con Padlet

luns, 27 de abril de 2020

23 de Abril: DÍA DO LIBRO

Aquí vos deixamos o video de todas as fotos e vídeos que nos mandastes recomendando lecturas!!! Moitas gracias por participar!!!

domingo, 22 de marzo de 2020

OS RETOS DE PISTACHO

Como non queremos que vos aburrades nada nestes días de confinamento, a Pistacho ocorréuselle que podemos crear probas ou retos que poidamos facer na casa para pasar o rato e divertirnos. E de paso estamos todos en contacto!
É moi sinxelo! Só tendes que estar atentos cada semana aos retos que vos propón Pistacho. Serán 3 cada semana (anunciarémolo os luns). Tendes esa semana para poder realizalos. E o máis importante: queremos proba diso! 
Só tendes que subir o vídeo ou foto realizando o reto!! Xa veredes que divertido!
Se algún non quere facer algún reto ou non pode, non pasa nada, pode facer só os outros. 
Se algunha familia non da subido a foto ou vídeo, que se poña en contacto con nós no correo da biblio: bibliobembibre@gmail.com
Para subir a foto ou vídeo, temos esta app que se chama Padlet. É un muro onde vai ir aparecendo o que colgamos. Só tendes que darlle o icono de + que aparece abaixo, na esquina dereita. Aí xa vos saen as opcións para poder subilo. Só poden subir as fotos ou vídeos os pais/nais do alumnado.
Todos os retos serán anunciados no muro! Os vídeos limitamos a duración a 15 segundos.
ANIMÁDEVOS FAMILIA!
Hecho con Padlet

venres, 13 de marzo de 2020

Que é o coronavirus?

Non vos perdades este video no que o alumnado de 2ºA nos explica que é este virus, como se contaxia e como podemos combatelo!!!!

domingo, 8 de marzo de 2020

8 de Marzo-Día da muller

Hoxe 8 de marzo, día da muller, xornada para reivindicar a igualdade de xénero. No cole organizamos unha charla- coloquio este pasado venres, con dúas mulleres que saben ben disto: Lucía Otero, adestradora do Depor da Liga Genuine ( xogadores con discapacidade intelectual). E Elena Casal, árbitra da Primeira División Femenina de España.
Gracias a elas, tivemos unha charla moi interesante sobre o seu traballo e como lle costou chegar ata onde están. Tamén nos fixeron ver que ainda queda moito por loitar para mellorar as condicións da muller e loitar pola superación dos atrancos.


mércores, 4 de marzo de 2020

BÚSCASE

Búscanse MEDIADORES DO PATIO que saiban axudar a resolver conflictos aos compañeiros/as, restablecendo a comunicación, axudando a comprenderse e a traballar conxuntamente ata alcanzar acordos mutuamente satisfactorios.

Serás un bo candidato se tes desexo por axudar a outros compañeiros/as, facilidade de palabra e se eres paciencia e mantés a calma. Tamén fai falla un pouco de sentido do humor. E sobre todo estar disposto a comprometerse co programa de mediación durante este curso escolar.



luns, 2 de marzo de 2020

DATCHBALL

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos no campionato de Datchball que se creou no colexio dende principio de curso.

luns, 24 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 24 de febreiro, dedícaselle este día á gran escritora galega, Rosalía de Castro. Para celebrar este día, no cole fixemos unha obra de teatro e un recitado de poemas. Mirade que gran traballo!!! Ata nos viñeron visitar a mesmísima Rosalía e Manuel Murguía!!

A continuación , mostrámosvos un video realizado polo alumnado formando as letras do nome de ROSALÍA. Quedou moi vistoso!!!



domingo, 23 de febreiro de 2020

ENTROIDO ROMANO

Que día tan bo fixo para saír polas rúas de Bembibre a ensinar os nosos disfraces romanos. Aquí vos deixamos fotos e un video do ben que o pasamos!!!

xoves, 20 de febreiro de 2020

AS MULLERES DO ENTROIDO

Aquí vos deixamos as fotos do noso precioso mural da entrada. Vinde a velo, porque descubriredes o bonito e interesante que é o entroido en Galicia. E xa non digamos o importantes que son as mulleres nel.