O último video é un resumo de todo o que fomos vendo e por onde fomos pasando. Como na etapa anterior foi unha experiencia única e moi enriquecedora.
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
luns, 13 de novembro de 2017
2º ETAPA: PORTOMARÍN-PALAS DE REI
O venres 10 de novembro fixemos a 2º etapa do Camiño de Santiago, Portomarín- Palas de Rei. Como novidade nesta etapa, aproveitamos para realizar algunha preguntiña aos peregrinos que nos fomos atopando.
O último video é un resumo de todo o que fomos vendo e por onde fomos pasando. Como na etapa anterior foi unha experiencia única e moi enriquecedora.
O último video é un resumo de todo o que fomos vendo e por onde fomos pasando. Como na etapa anterior foi unha experiencia única e moi enriquecedora.
INTEGRA E INTÉGRATE
Os nenos e nenas de 1º de primaria, cóntannos en primeira persoa que traballaron estas semanas cos seus profes Diego e Adrián.
Os alumnos/as de 1º de primaria levamos a cabo un proxecto chamado "Integra e Intégrate" relacionado coa Inclusión e a Integración de tódolos/as nenos/as dentro das aulas. Aprendemos palabras novas que decidimos incorporar tanto á nosa linguaxe cotiá como aos debuxos que fomos realizando nas sesións de traballo posteriores.
Traballamos estes conceptos: 1º por medio do visionado de dúas curtametraxes dentro da aula, como foron "El cazo de Lorenzo" e "Pixar Birds". Por medio destas dúas curtametraxes fomos adquirindo unha nova idea dos termos Integrar e Incluir, chegando á conclusión de que o mellor para todos é convivir aceptando aos noso compañeiros/as, coas súas virtudes e os seus defectos.
Tamén realizamos unha serie de debuxos tentando relacionar os termos que fomos aprendendo xunto coas sinais de tráfico que tan acostumados estamos a ver. Agora somos quén de distinguir o significado de cada sinal, e ademais disto decidimos relacionar o significado da propia sinal coas palabras e termos que viñemos traballando dentro da aula, como por exemplo: prohibido excluír, obligación de integrar... .
Decidimos colocar as nosas obras no corredor, diante da nosa aula para que os demais compañeiros/as poidan velos e aprender con nós, pois agora somos todos/as un expertos/as en termos tan importantes como a Integración e a Inclusión escolar.
Como alumnos/as de primeiro dámosche un consello: Integra e intégrate, non deixes a niguén fóra!
Novas receitas
Estos días, tocoulle a quenda a Elena de 2º de primaria. Fixo un orixinal postre!! Uns renos de nubes bañados de chocolate!! Xeniais!!!
E tamén Raúl de 5 anos, trouxo un rico biscoito!!! Mirade que boa pinta todo!!
E tamén Raúl de 5 anos, trouxo un rico biscoito!!! Mirade que boa pinta todo!!
xoves, 9 de novembro de 2017
Rolos de papel
Como ben sabedes, estamos inmersos nun proxecto relacionado co cuidado do medio ambiente, chamado REMEXENDO CONCIENCIAS.
Ao longo do curso ímosvos pedir a vosa colaboración para darlles outra vida a eses materiais que acaban no lixo.
Para esta ocasión necesitamos que nos traigades todos os rolos de papel hixiénico que vaiades acabando nas vosas casas porque os necesitamos para facer unhas actividades no colexio. Queremos reutilizar estes rolos e darlles un novo uso.
Familias, pedimos a vosa colaboración!!! Gracias!!
martes, 7 de novembro de 2017
O NOSO CAMIÑO
Xa temos un mural para plasmar todo o que nos está aportando e nos vai aportar facer o Camiño de Santiago francés. Este venres facemos a 2º etapa: Portomarín- Palas de Rei.
Postres viaxeiros!
Esta semana empezamos de forma moi doce!! Estes nenos de infantil son uns cocinitas en toda regra!!! Aínda que a Pistacho non lle chegou a proba, ata a biblio chegou un arrecendo ben rico dos postres que trouxo Belén e Iván. Unhas magdalenas e un bizcoito!!!
luns, 6 de novembro de 2017
ANO DE PONDAL
En 1965 adicóuselle o Día das Letras Galegas e este ano 2017 foi declarado o Ano de Eduardo Pondal, cen anos despois da súa morte.
O poeta Eduardo Pondal
naceu en Ponteceso, nunha casa á beira do río Anllóns, no ano 1835. Era o máis
novo de sete irmáns, cinco mulleres e dous homes. Ao morrer súa nai cando el
tiña un ano, criárono as súas cinco irmás.
Cando empeza a escola
un parente cura ensínalle matemáticas, gramática e un pouco de grego e latín.
Vai estudar o
Bacharelato a Santiago de Compostela onde despois fai a carreira de Medicina.
Alí xúntase no “Liceo de la Juventud” con escritores como Rosalía de Castro, Manuel
Murguía e Aurelio Aguirre. Ó acabar Medicina, traballou de médico durante tres
anos. Despois deixouno para adicarse só a escribir.
Entre as súas obras
destacan: “A campana de Anllóns”, “O Dolmen de Dombate” e “Queixumes dos
pinos”, que inclúe o poema “Os pinos” de onde sairá a letra do “Himno galego”,
musicado por Pascual Veiga. En 2005, foi publicada a súa obra “Os Eoas”, anos
despois del morrer.
Foi membro numerario da
Real Academia Galega e membro honorario
da Academia de la Poesía Española.
Morreu na Coruña o 8 de
marzo de 1917. Alí está enterrado no cemiterio de San Amaro.
Aquí vos deixamos o HIMNO GALEGO, letra do poema "Os pinos" escrito en 1890 e musicado por Pascual Veiga.
ACTIVIDADES CON PONDAL
UNIDADES DIDÁCTICAS
INFANTIL
PRIMEIRO E SEGUNDO PRIMARIA
TERCEIRO E CUARTO PRIMARIA
QUINTO E SEXTO PRIMARIA
martes, 31 de outubro de 2017
HALLOWEEN BY SHELVY
Hoxe a nosa auxiliar de conversa de Illinois, SHELVY, fíxonos unha presentación sobre o Halloween.
luns, 30 de outubro de 2017
Máis postres!!!!
Valentino de 4 anos fixo unha riquísima tarta de chocolate na súa casa e coa axuda da súa familia. MOi boa pinta!!!
E Kevin de 5 anos fixo unhas magdalenas que tamén tiñan unha pintaza moi boa!!!
venres, 27 de outubro de 2017
REMEXENDO CONCIENCIAS
Temos o pracer de presentarvos un novo proxecto que empezamos moi ilusionados. Un proxecto que trata sobre un tema moi importante, sobre o coidado do mundo que nos rodea. O proxecto que vos presentamos quixemos titulalo: "REMEXENDO CONCIENCIAS".
Ao longo deste curso centraremos todas as nosas actividades no coidado do medio ambiente e todo o que conleva iso.
Ligado ao noso PDI (Proxecto Documental Integrado), decidimos participar no programa "RECÍCLATE CON SOGAMA", que nos axudará con material, charlas, talleres e demáis actividades a conseguir os obxectivos que nos propoñemos.
Entre eles sensibilizar a toda a nosa comunidade escolar sobre a importancia da reutilización, reciclaxe e redución dos materiais que xeramos. O coidado e a preservación debe de ser un dos pilares fundamentais da nosa educación e acción sobre a Terra. A reciclaxe está ligada a sustentabilidade, cantos máis materiais se reduzan, reutilicen e reciclen menos material descartaremos e o medio ambiente sufrirá menos o crecemento permanente e desorganizado do lixo que xeramos.
Ligado ao noso PDI (Proxecto Documental Integrado), decidimos participar no programa "RECÍCLATE CON SOGAMA", que nos axudará con material, charlas, talleres e demáis actividades a conseguir os obxectivos que nos propoñemos.
Entre eles sensibilizar a toda a nosa comunidade escolar sobre a importancia da reutilización, reciclaxe e redución dos materiais que xeramos. O coidado e a preservación debe de ser un dos pilares fundamentais da nosa educación e acción sobre a Terra. A reciclaxe está ligada a sustentabilidade, cantos máis materiais se reduzan, reutilicen e reciclen menos material descartaremos e o medio ambiente sufrirá menos o crecemento permanente e desorganizado do lixo que xeramos.
E para comezar, hoxe no patio do cole, enterramos diversos materiais, que desenterraremos pasados uns meses para ver se son biodegradables ou non. Con esta actividade queremos concienciar ao alumnado sobre o lixo que producimos e o que tarda en degradarse na natureza. Chamámoslle
O HORTO DA CONCIENCIA
CONTACONTOS DE SAMAÍN
Como en anos anteriores vimos facendo, as aulas dos maiores lenlles un conto de medo as aulas dos máis cativos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















